Sol que baila sobre o formigón
Sen dúbida, o meu estilo toma como inspiración a moda urbana xaponesa. Podería resumirse en botas con plataforma, camisetas de corte frouxo, pantalóns de chándal e suadoiros con capucha. Tamén me encantan as chaquetas de traxe, as gorras e a roupa masculina ancha. Aínda que, se me das unha saia con petos son quen de crear un estilo masculino, pero máis delicado.
Paso moito tempo fóra bailando e conectando cos elementos do ambiente urbano a través do movemento. Podo bailar cun farol ou dar unha cambadela contra un bloque de cemento. Talvez o meu aspecto teña un toque andróxeno. Pero tamén transmito moita enerxía feminina. Pinto as uñas, levo o pelo peiteado cara a atrás e sempre me penso moito a miña maquillaxe. A maioría das persoas ven movementos fluídos e unha actitude un tanto fachendosa, pero detrás da miña aparencia de dura sempre hai un sorriso.

O meu estilo de baile vén da miña personalidade. Gústame ver sorrir a todas as persoas, e encántame o sol. Son unha persoa moi tranquila. Bailo dende a alma. Porque esa son EU.”
KyokaCantante, cocreadora