Saltar

Estilo urbano e moderno inspirado na arte da rúa

Medrei en Cantón, unha cidade enorme e concorrida, e sinto unha gran paixón pola cultura urbana e a arte da rúa. Para as miñas creacións, adoito inspirarme observando o que me rodea e facendo fotos da cidade.

Encántame descubrir belezas inesperadas e similitudes que acheguen harmonía ao meu traballo. O meu estilo e o meu estado de ánimo son os que determinan o meu enfoque, o que dá lugar a infinidade de posibilidades e ilusións.

Un panel de inspiración en negro, gris e azul con retratos de Ronos.
Considero que un bo deseño debe mellorar a vida das persoas e reflectir os seus valores. No meu tempo libre, seguro que me atopas explorando a cidade na miña bicicleta eléctrica, na procura de novas fontes de inspiración para superar os límites da creatividade.

Ronos ChenCocreador

Deseño urbano en negro, gris e azul

Esta combinación reflicte a paixón do cocreador pola arte da rúa e a cultura urbana. A linguaxe visual componse de tons negros e grises, materiais texturados e un toque de azul para crear contraste. Descubre novas ideas para o teu fogar con esta combinación que resalta o concepto da utilidade moderna.

Caixas de almacenaxe KUGGIS negras de diferentes tamaños colocadas unhas enriba doutras.
Un espazo de gaming con iluminación azul, un escritorio negro e accesorios de gaming UPPSPEL.
Funda de coxín TURILL branca e negra, e unha manta EVALI branca nun sofá negro.
Un recibidor con dous estantes HYLLIS de metal cun monopatín, unha mochila, un casco, unha botella de auga e outras cousas.
Unha combinación de almacenaxe PLATSA azul con gorras, bolsas e outros accesorios.