Saltar

A volta do retro 

Estou afeita a ir dun lado para outro. Cando era pequena, cambiaba de residencia con frecuencia, por iso o de ficar nun sitio non vai moito comigo. Cambiar o meu estilo persoal e de decoración para explorar cousas novas é, simplemente, parte de min. Inspírame todo un pouco, literalmente.  

Ás veces si que penso en mudarme e crear o meu propio fogar, pero asústame un pouco a idea. Dáme a sensación de que vou quedar aí para sempre. Talvez a miña necesidade constante de cambio sexa o motivo de que me gusten as cousas que existen dende hai tempo, e os estilos que lembran a épocas pasadas. O deseño retro é algo ao que me encanta aferrarme. 

Izzy tombada nunha cama cunha camiseta branca, mirando cara á dereita mentres sorrí coa man apoiada preto da súa cara.
Como estudo deseño, son capaz de apreciar todos os estilos. Sei que cada un ten o seu lugar e pode ser precioso.

IzzyEstudante de deseño, cocreadora 

Abraza o encanto da nostalxia e os estampados modernos

Enche o teu dormitorio co encanto do deseño retro. Recupera unha época divertida de cores vibrantes, estampados xeométricos e un toque de nostalxia. 

Unha imaxe dunha almofada e un edredón de raias laranxas e rosas sobre un fondo azul.
Unha estancia de cor violeta e vermella cun chan de cadros das mesmas cores, con varios tallos IKEA, unha cómoda e colgadoiros para a roupa.
Unha estancia con varios accesorios; entre eles, unha mochila grande no centro con estampado de cadros violetas e brancos.
Unha estancia branca e laranxa cunha almofada laranxa, unha cadeira laranxa e unha lámpada branca pendurada do teito.
Unha manta IKEA dobrada laranxa e rosa.