Os emprendedores da cerámica
Diogo e Isac son as mans creadoras detrás dun novo obradoiro de olería no seu fogar en Lisboa. O que comezou sendo unha afección durante a pandemia axiña tornou en algo máis grande e ambicioso. Diogo e Isac deixaron os seus traballos e adaptaron o seu ático como obradoiro. Aquí crean diariamente obras mestras de cerámica, desde pezas artísticas e máscaras ata fermosos utensilios de cociña.

Traballar con arxila implica ter un espazo para darlle forma, un lugar para secala e un forno para cocela. Necesitas solucións prácticas para gardar e organizar as ferramentas e materiais. E, naturalmente, cómpre exhibir as obras de arte acabadas con elegancia.

É un estudio de arte consagrado á creatividade.
E non pode faltar de nada. Facer cerámica require unha gran cantidade de ferramentas, utensilios e materiais para todas as etapas do proceso. Rodetes, cordas, pinceis, mandís, toallas e pulverizadores. E un prato xiratorio para dar forma ás pezas de arxila. As táboas de cortar absorben o exceso de auga das pezas moldeadas antes de metelas no forno. Tamén son necesarios tres tipos de arxila (negra, branca e vermella) e diferentes vernices.
A combinación de almacenamento aberto e caixas ofrece unha visión xeral e un acceso sinxelo ao que precisas, ao tempo que mantén as cousas no seu sitio. Unha zona con estantes de madeira de piñeiro e metal negro transmite elegancia e un estilo industrial. As caixas resistentes SAMLA de plástico transparente permiten ver facilmente o que conteñen dentro e encontrar o que necesitas. Os carros tamén son ideais cando necesites almacenamento adicional e podes levalos contigo onde quixeres.
Cando algo pasa de ser unha afección a unha profesión, o que non pode faltar é un espazo de traballo cómodo e saudable. Elixe unha lámpada de traballo con boa luz e unha cadeira ergonómica para apoiar mellor as costas, ou utiliza un soporte para traballar de pé/sentado que che faga ter o corpo en movemento constante e conservar unha postura saudable e natural sempre que esteas diante do escritorio.
Non esquezas as paredes cando quixeres ensinar a túa arte ao mundo. Os taboleiros perforados, os andeis e os ganchos poden facer marabillas. Se non consegues encontrar un bo sitio para colocar algo, con isto has arranxar os problemas. Fíxao ben na parede e practicamente non haberá nada que non poida suxeitar.