Saltar

A raíña dos pasteis

Aline é unha colaboradora brasileira de IKEA que vive en Portugal á que lle encanta facer tortas. Durante a pandemia, Aline comezou a facer pasteis para amigos e familiares. As súas tortas non tardaron en facerse tan populares que agora se converteron nun próspero negocio complementario. En particular, a todo o mundo lle gusta o seu famoso "brigadeiro" brasileiro.

Unha muller cun mandil sorrí sentada nunha mesa, xunto a unha torta alta de capas decoradas.

Como cada vez ten máis clientela larpeira, Aline pasa moito máis tempo preparando, enfornando e decorando gorentosas tortas. Isto significa que necesita solucións robustas para gardar e organizar os seus voluminosos accesorios de cociña, botes, cuncas e utensilios para enfornar.

Unha mesa de madeira vista desde arriba, con diferentes recipientes con ingredientes para enfornar, como fariña, azucre e ovos. Na mesa tamén hai utensilios de repostería, como espátulas de goma e espátulas angulares.

A clave da repostaría está nos ingredientes.

Os recipientes e botes de vidro transparente permítenche ver e encontrar facilmente o que buscas onde queira que estea. Os recipientes aptos para o forno tamén son fáciles de limpar e non manchan nin absorben ningún sabor nin cheiro.

Ser creativo é moito máis sinxelo con todo ó alcance da man. As guías e ganchos permítenche pendurar os utensilios directamente na parede, como nunha cociña profesional. Tamén é unha solución de almacenamento moi práctica para espazos reducidos, xa que se poden adaptar facilmente ás necesidades específicas. Usar un carriño tamén é unha solución excelente para dispor de máis espazo de almacenamento na cociña. Ou tamén podes ter un "carro de repostaría" e traelo cando queiras preparar tortas. Utilízao para gardar os utensilios de repostaría e telos separados do resto de accesorios de cociña.

Preparar tortas tamén ten que ver coa precisión, especialmente a parte decorativa. Para que sexa algo divertido e sinxelo, necesitas os utensilios de repostaría axeitados. Por exemplo, un molde desmontable con laterais extraíbles e peche de resorte co que poderás sacar facilmente as túas tortas favoritas. Tamén son necesarias espátulas de todo tipo, tanto de goma para tarefas que non requiren precisión, como espátulas angulares de aceiro inoxidable para os retoques finais.

Ten as túas amizades preto e os ingredientes máis preto aínda

Os botes de vidro IKEA 365+ son perfectos para os ingredientes de repostaría. Permítenche ver facilmente o contido (e saber cando toca reenchelos). Ademais, son fáciles de coller e volver colocar nos andeis e nos carriños. A fonte para tortas BAKGLAD realza o aspecto de calquera cousa que prepares, e o xogo de mangas pasteleiras SMAKSAM inclúe todo o necesario, desde un peite para decorar e un cortapastas ata unha manga pasteleira e bicos.