Saltar

A baronesa do balcón

Ewa adora as plantas. Inspirada nas exuberantes froitas e verduras dos balcóns dos seus veciños, Ewa decidiu converter nunha xungla o que nun pasado foi un balcón de formigón baleiro.  Agora ten unhas 70 plantas, cifra que vai medrando, no que se coñece como un dos balcóns máis fermosos de Cracovia (ademais doutras 120 plantas no seu apartamento).

Unha muller e o seu can nun balcón, cheo de testos, plantas e material de xardinaxe.

Cun xardín urbano desta magnitude nun espazo tan reducido, Ewa ten que aproveitar as paredes para as súas plantas e facer sitio para o incrible arsenal de ferramentas e material de xardinaxe.

Unha parede exterior dun balcón con andeis abertos cheos de testos e plantas que forman un xardín vertical.

Non tes espazo no chan, pero e nas paredes?

Grazas aos resistentes estantes HEJNE ou HYLLIS, podes darlle ao teu xardín a altura que quixeres e aproveitar ao máximo o espazo en vertical. Cubre os andeis con testos máis pequenos con herbas e flores (tamén é posible coller unha funda e transformar HYLLIS nun invernadoiro). Desta maneira poderás cubrir de plantas os teus espazos exteriores, sen por iso perder espazo no chan para colocar soportes para testos e plantas máis grandes.

A xardinaxe é unha actividade que require moitas ferramentas e material voluminoso. Un estante tamén ofrece espazo abondo para gardar soportes para testos, luvas, pas, tesoiras de podar, regadeiras, fertilizantes ecolóxicos e tipos de terra distintos. É mellor gardar os artigos máis pequenos en varias caixas pequenas, no canto de gardar todo nunha mesma caixa grande. As caixas como REJSA son ideais para gardar ferramentas e ademais podes etiquetalas para saber o que conteñen. 

En definitiva, un xardín vertical consegue que o teu balcón pareza máis grande, apenas ocupa espazo no chan e ofréceche un sitio onde folgar, matar o tempo e gozar dos froitos do teu traballo.

Leva o teu xardín a outro nivel

Dálle a benvida á natureza e aforra espazo no chan, todo ó mesmo tempo! Utiliza un estante resistente como HEJNE ou HYLLIS para converter as túas paredes nun xardín vertical cheo de plantas, herbas e flores. O soporte para testos de terracota MUSKOTBLOMMA está dispoñible nunha gran variedade de tamaños distintos e fará que o teu balcón sexa un auténtico xardín.