Saltar

A artista vintage do amarelo

Caroline é unha artista que vive nunha pequena vila francesa co seu fillo de sete anos. A súa paixón é a pirografía, unha arte terapéutica que lle permite expresar as súas emocións a través da creación de padróns cargados de simbolismo, inspirados nas tatuaxes dos sesenta e os setenta.

Unha moza vestida de amarelo sentada nun escritorio facendo un pirogravado nun anaco de madeira. No escritorio hai unha lámpada amarela, un reloxo amarelo, un arquivador amarelo e un lapiseiro amarelo.

Coñecida como "a rapaza do amarelo", Caroline sempre viste de amarelo e tamén lle gusta decorar a súa casa con esta cor. Encántalle o estilo vintage e buscar mobles retro e roupa vintage, amarela, abofé.  En definitiva, todo isto implica solucións de almacenaxe prácticas.

Unha moza vestida de amarelo de pé diante do seu armario aberto. Está cheo de camisetas amarelas, sombreiros amarelos, zapatos amarelos e accesorios amarelos.

Para crear os seus pirogravados,

Caroline primeiro fai os esbozos en papel reciclado, despois aplícaos na madeira e, finalmente, píntaos con fermosas cores. Isto significa que ten que ter á man diferentes ferramentas e material artístico, como lapis, papel reciclado, marcadores, pinturas, pinceis e, loxicamente, táboas de madeira.

Un espazo de traballo nun recuncho é unha maneira excelente de aproveitar os ocos, tanto para traballar como para gardar. Encaixa en calquera recuncho e podes utilizar o espazo restante para colocar andeis e armarios onde gardar o material artístico e as obras rematadas. No escritorio, os botes SAXBORGA permítenche ter en orde os lapis máis pequenos, os marcadores e os utensilios (e levalos, se os necesitas, a outra parte). Os botes tamén son fáciles de agrupar, grazas ás rollas e á bandexa onde podes colocalos. Sobre o escritorio, un taboleiro perforado SKÅDIS permíteche ter os teus esbozos á vista e á man.  

E se che cómpre máis espazo e flexibilidade, co carriño RÅSKOG poderás crear un centro artístico portátil. Colle nos espazos máis pequenos e pódelo levar onde quixeres cando vexas que chega a inspiración. Para cargas máis pesadas, como as táboas de madeira para os pirogravados, utiliza unha caixa de madeira resistente como KNAGGLIG. Empilla caixas para aforrar espazo. Tamén podes pintar a madeira sen tratar de calquera cor que che guste (amarelo, por exemplo) e etiquetala para saber o que hai dentro.

Flexibilidade total cunha mesa pregable e un centro de arte sobre rodas

A mesa pregable IVAR é perfecta para espazos reducidos, xa que deixa espazo abondo para todas as túas necesidades de almacenamento. A madeira maciza de piñeiro sen tratar é un material natural que se pode pintar en amarelo ou en calquera cor da que gustes. O carriño RÅSKOG é ideal para os espazos máis pequenos e pódese utilizar como solución de almacenaxe adicional para utensilios, material artístico e accesorios de escritorio.