Saltar

Financiamento para particulares con IKEA Visa

Facer os teus soños realidade é doado coa tarxeta IKEA Visa(1).

Paga as túas compras con comodidade en tenda, en IKEA.es ou a través do servizo de venda telefónica ata en 24 meses sen xuros (TAE: 0%)(1)!

Lembra que en IKEA.es só tes que inserir os datos da túa tarxeta IKEA Visa e poderás elixir o teu financiamento:

  • Podes usar a tarxeta IKEA Visa para as túas compras do día a día, fóra das tendas IKEA
  • Acceso flexible ao financiamento 
  • Podes financiar compras dende 10€ ata 3000€
  • A túa compra, ata en 72 meses

Redirixirémoste á nosa entidade financeira colaboradora (CaixaBank Payments & Consumer) no proceso de solicitude.

Indicacións para solicitala

Fai a solicitude en liña

Redirixirémoste á nosa entidade financeira colaboradora (CaixaBank Payments & Consumer) no proceso de solicitude.

Ir a CaixaBank P&C

Activa a tarxeta

Recibe a tarxeta física en 15 días. Actívaa dende a aplicación IKEA Visa (Google Play e Apple Store), por teléfono ou ao inserir o teu PIN nunha compra de máis de 50€.

Comeza a mercar

Utiliza a túa tarxeta para mercar en calquera tenda en liña ou física que acepte Visa. Se esqueces o PIN nalgún momento, podes consultalo na aplicación IKEA Visa.

Preguntas frecuentes sobre financiamento

Solicitude da tarxeta

Xestión da tarxeta IKEA Visa

O día a día da túa tarxeta IKEA Visa

Tes máis preguntas?

Se queres obter máis información, contacta connosco en calquera das nosas canles, e encantaranos axudarche.


PUBLICIDADE. 1. Financiamento a través da tarxeta IKEA Visa, emitida pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E. F. C., E. P., S. A. U. e suxeita á súa autorización. A entidade escolleu, como sistema de protección dos fondos recibidos de usuarios de servizos de pagamentos que presta, o seu depósito nunha conta bancaria separada aberta en CaixaBank, S. A. Obtén máis detalles sobre as formas de pagamento da túa tarxeta aquí: www.caixabankpc.com/es/productos.Financiamento dispoñible en 3, 6, 10, 12, 18 e 24 meses sen xuros (TXN: 0%. TAE: 0%), e en 36, 48, 60 e 72 meses para compras realizadas en tendas IKEA do territorio peninsular e na tenda en liña (IKEA.es), agás a tenda IKEA Asturias. Importe mínimo de 10€ para tres, seis e dez meses, e de 120€, 180€, 500€ e 720€ para 12, 18, 24 e 36 meses, respectivamente, e de 960€ para 48, 60 e 72 meses. Importe máximo que financiar: 3000€. Exemplo representativo nunha compra financiada en dez meses de 1500€. TXN: 0%; TAE: 0%. 10 cotas de 150€. Prezo total a prazos e importe total debido: 1500€. Custo total do crédito (xuros): 0€. Exemplo representativo nunha compra financiada en 36 meses de 3000€. TXN: 4,89%; TAE: 5%. 35 cotas de 89,76€. Última cota de 89,97€. Importe total debido e prezo total a prazos: 3231,57€. Custo total do crédito (xuros): 231,57€.Sistema de amortización francés.

2. Elixe a túa cota mensual, dun mínimo de 5€, sempre que non sexa inferior ao importe mínimo mensual que fixamos para evitar que a túa débeda dure máis tempo. As condicións desta cota mínima son as establecidas na INE e no contrato, e poderás vela calculada no teu espazo de cliente na web ou na aplicación, así como no teu extracto mensual, en función do importe que dispuxeses. Exemplo representativo para unha compra de 1500€ financiada coa modalidade de pagamento aprazado ("revolving"). TXN: 20,88%; TAE: 23%. 48 cotas mensuais de 46,35€. Xuros e custo total do crédito: 724,80€. Prezo total a prazos e importe total debido: 2224,80€.Sistema de amortización francés.

3. Servizo de fraccionamento válido para compras feitas fóra de IKEA. Poderase fraccionar cada compra superior aos 30€, sempre que a modalidade de pagamento, no momento de realizar a compra, sexa a de final de mes. É necesario solicitar o fraccionamento antes do día 20 de cada mes. Para fraccionar en tres meses, importe mínimo de 30€, TXN: 0%, TAE: 19,77%, prezo do servizo 3% que aboar na primeira cota. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, primeira cota de 545€, e de 500€ as demais, e importe total debido de 1545€. Custo total do crédito: 45€. Prezo total a prazos: 1545€. Para fraccionar en seis meses, importe mínimo de 60€, TXN: 14,95%, TAE: 16,01%. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, seis cotas de 261,01€, xuros de 66,06€ e importe total debido de 1566,06€. Custo total do crédito: 66,06€. Prezo total a prazos: 1566,06€. Para fraccionar en dez meses, importe mínimo de 100€. TXN: 14,95%, TAE: 16,01%. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, 10 cotas de 160,47€, xuros de 104,70€ e importe total debido de 1604,70€. Custo total do crédito: 104,70€. Prezo total a prazos: 1604,70€. Para fraccionar en 12 meses, importe mínimo de 120€, TXN: 14,95%, TAE: 16,01%. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, 12 cotas de 135,35€, xuros de 124,20€ e importe total debido de 1624,20€. Custo total do crédito: 124,20€. Prezo total a prazos: 1624,20€. Utilizouse o sistema de amortización francés para o fraccionamento en 3, 6, 10 e 12 meses.