Financiamento
Calquera pequeno cambio no noso fogar pode facerse un mundo se temos que investir máis do que nos gustaría.
Para iso, contamos cuns servizos de financiamento que te axudarán a pagar as túas compras con comodidade na tenda, na web IKEA.es ou a través do servizo de venda telefónica, ata en 24 meses sen xuros con TAE 0%(1)!
Crea o fogar dos teus soños sen apenas notalo.
Atopa o produto que precisas
Paga a túa compra a prazos
Unha forma sinxela de pagar todas as túas compras dende a comodidade do teu fogar e nun só clic.
- Paga as túas compras IKEA de xeito flexible de 3 a 72 meses(2)
- Proceso de solicitude rápido
- Para compras dende 60€ ata 9000€
- Sen necesidade de cambiar de banco
Financiamento con IKEA Visa
- Acceso instantáneo e flexible a financiamento con IKEA Visa
- Compras ata 3000€
- Paga a prazos dende 3 ata 72 meses(1)
- A túa compra, ata en 24 meses sen xuros TAE: 0%(1)
Liña de crédito
- Para financiar as túas compras nas tendas IKEA
- Compras ata 30 000€
- Paga a prazos desde 3 ata 72 meses(1)
- A túa compra, ata en 24 meses sen xuros (TAE: 0%)(1)
Financiamento para o teu negocio (TAE: 0%)
Coas nosas condicións especiais de financiamento sen xuros (TAE: 0%)(3) para empresas, poderás resolver todas as túas necesidades de mobiliario e accesorios de forma flexible.
- Financia a compra de mobles para a túa empresa
- Compras ata 10 000€
- Paga a prazos de 3, 6 ou 10 meses
- O teu préstamo, en cotas mensuais sen xuros TAE: 0%(3)
Goza das súas vantaxes
Doado
Se estás a solicitar unha tarxeta de crédito ou vas abrir unha conta en IKEA para Empresas, o proceso é doado e rápido.
Flexible
O teu espazo, as túas regras. Selecciona como pagar e como financiar a túa compra.
Accesible
Cun calendario de pagamentos flexible, podes renovar agora mesmo o espazo que queiras.
Como podemos axudarche?
Se queres obter máis información, contacta connosco en calquera das nosas canles, e encantaranos axudarche.
Publicidade. 1.Financiamento a través da tarxeta IKEA Visa, emitida pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E. F. C., E. P., S. A. U. e suxeita á súa autorización. A entidade escolleu, como sistema de protección dos fondos recibidos de usuarios de servizos de pagamentos que presta, o seu depósito nunha conta bancaria separada aberta en CaixaBank, S. A. Obtén máis información sobre as formas de pagamento da túa tarxeta aquí: www.caixabankpc.com/es/productos.Financiamento dispoñible en 3, 6, 10, 12, 18 e 24 meses sen xuros (TXN: 0%. TAE: 0%), e en 36, 48, 60 e 72 meses para compras realizadas en tendas IKEA do territorio peninsular e na tenda en liña (IKEA.es), agás a tenda IKEA Asturias. Importe mínimo de 10€ para tres, seis e dez meses, e de 120€, 180€, 500€ e 720€ para 12, 18, 24 e 36 meses, respectivamente, e de 960€ para 48, 60 e 72 meses. Importe máximo que financiar: 3000€. Exemplo representativo nunha compra financiada en dez meses de 1500€. TXN: 0%; TAE: 0%. 10 cotas de 150€. Prezo total a prazos e importe total debido: 1500€. Custo total do crédito (xuros): 0€. Exemplo representativo nunha compra financiada en 36 meses de 3000€. TXN: 4,89%; TAE: 5%. 35 cotas de 89,76€. Última cota de 89,97€. Importe total debido e prezo total a prazos: 3231,57€. Custo total do crédito (xuros): 231,57€.Sistema de amortización francés.
2. Préstamo ofrecido pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E. F. C., E. P., S. A. U. e suxeito á súa autorización. Financiamento dispoñible en 3, 6, 10, 12, 18 e 24 meses sen xuros (TXN: 0%. TAE 0 %), e en 36, 48, 60 e 72 meses. Importe mínimo: 60€. Importe máximo: 9000€. TXN: 0%; TAE: 0%. Exemplo representativo nunha compra financiada en tres meses de 1000€ (importe total do crédito). Dúas cotas de 333,33€. Última cota: 333,34€. Prezo total a prazos e importe total debido: 1000€. Custo total do crédito (xuros): 0€. Exemplo representativo nunha compra financiada en 36 meses de 1000€ (importe total do crédito). TXN: 4,84%; TAE: 5%. 35 cotas de 29,92€. Última cota de 29,97€. Prezo total a prazos e importe total debido: 1077,17€. Custo total do crédito (xuros): 77,17€.Sistema de amortización francés.
3. Exemplo de Financiamento de 1000€. Prezo ao contado: 1000€. Prazo de 10 meses, 1 cota de 104,80€ e 9 cotas de 104,64€. Tipo debedor do 10%; TAE: 10,51% (A TAE, así como a primeira cota, poderá variar lixeiramente segundo o día da sinatura do contrato e da data de pagamento das cotas). Xuros: 46,56€; Importe Total do Crédito: 1000€; Custo Total do Crédito: 46,56€; Importe Total Debido: 1046,56€; Prezo Total a Prazos: 1046,56€. Con data de contratación o 02/10/2024, e do primeiro pagamento, o 02/11/2024. Oferta válida ata o 31/03/2025. Sistema de amortización francés. Financiamento ofrecido e suxeito a estudo e aprobación por parte de Santander Consumer Finance, S. A.