Saltar
Ir á lista de produtos

Tixolas e woks

"Que marabilla, a comida non se pega!"

E todo grazas ao revestimento "sol-gel". As nosas tixolas resisten as altas temperaturas e son doadas de limpar. Ademais, permiten cociñar con pouco aceite (ou mesmo sen ningún). Todo son vantaxes.

A non-stick coating/stainless steel MIDDAGSMAT frying pan
A non-stick coating/stainless steel MIDDAGSMAT wok

Ordenar e filtrar

25 elementos
Compare

    Lista de resultados

    Amosando 12 de 25 resultados
    Mostrar máis

    Explora algunhas das nosas series máis populares

    HEMKOMST: deseño clásico en aceiro inoxidable
    Enxoval de cociña VARDAGEN: ferro fundido cun estilo rústico
    IKEA 365+: duradeiro e fácil de limpar

    Para cociñar pratos deliciosos, precisas boas ferramentas. E o estado das túas potas e tixolas pode estragar facilmente un prato ou, pola contra, facelo delicioso.

    Estás a buscar tixolas de indución para a túa cociña? Sen problemas. Precisas unha tixola antiadherente para evitar queimar o teu prato estrela? De acordo. Queres unha tixola de ferro fundido para utilizala tanto nos fogóns coma no forno e conseguir o asado estrela dos domingos? Iso está feito.

    Non importa o que queiras mercar, temos todo o que necesitas para fritir, cocer ao vapor, saltear, selar e máis. Bótalle unha ollada á nosa guía para mercar potas e tixolas.

    Enxoval cun obxectivo

    Cazo, tixola antiadherente, tixola para saltear, wok, tixola para fritir, grella, etc. A listaxe continúa. Pode ser difícil saber que utensilio elixir e cando utilizalo. Deixa que te orientemos no mundo das tixolas e contarémosche cales son as catro máis utilizadas.

    A tixola clásica

    Este é o utensilio clásico que case todo o mundo ten no seu fogar. Podes usala para fritir, selar, quentar ou o que precises. Ten unha base ancha para distribuír a calor uniformemente, de modo que os alimentos non se queimen nin se peguen. Cunha tixola antiadherente, non volverás equivocarte.

    A tixola para saltear

    Saltear provén da palabra francesa "sauté", que significa "refogar" ou "sofrixir". Para sofrixir a comida, tes que botala na tixola a unha temperatura elevada, cunha pequena cantidade de aceite ou graxa. A idea é que os alimentos se "rustran" sen que empecen a fritirse ou cocerse. Para conseguilo, necesitas unha tixola cos laterais lixeiramente máis altos ca unha tixola normal. Deste xeito, asegúraste de que os alimentos non acaben por toda a cociña. E esa é a tixola para sofrixir.

    O moderno wok

    Para obter a textura perfecta dos fideos wok e as verduras, precisas poder selar e mesturar os alimentos. Móvela unha e outra vez sen que a calor se estenda por toda a tixola nin os alimentos caian polo lateral. Un wok está deseñado para iso, precisamente. A anchura e mais os laterais altos e inclinados concentran a calor na base. Isto tamén axuda a que os alimentos queden no wok e non acaben por toda a cociña.

    A grella tradicional

    Se queres conseguir ese prato de carne perfecto, co seu sabor a brasa e as marcas tan características, unha grella é a opción ideal para ti. A superficie plana e a base estriada garanten que o exceso de graxa flúa cara aos bordos da grella. Se mercas unha grella con bicos, non se encherá de graxa. Así terás a seguridade de que ese prezado filete ben cortado non se cocerá por accidente. Pero debes ter en conta o seguinte. Este enxoval adoita quentarse moito, conque asegúrate de usar manoplas e gardamanteis mentres melloras as túas calidades culinarias.