Saltar

Imprescindibles para unha quedada estival

O verán xa está aquí e, de súpeto, tes outra habitación! Xa sexa o balcón, o xardín, o parque ou a praia, temos todos os produtos que vas precisar para todo tipo de plans estivais, dende utensilios de cociña e pezas de vaixela para exterior ata cómodos mobles de exterior e kits de praia.

Vasos KALLSINNIG e PILLESTARR azuis nunha mesa exterior ao lado dunha xerra IKEA 365+ chea de limoada.
Vasos KALLSINNIG e PILLESTARR azuis nunha mesa exterior ao lado dunha xerra IKEA 365+ chea de limoada.

Prepárate para divertirte na praia

A xogo co azul do ceo! A colección de verán STRANDÖN está repleta de produtos imprescindibles para pasar o día na praia: cadeiras fáciles de transportar, parasoles, unha grella portátil e unha hamaca. Todo deseñado para que o teu día na praia sexa inesquecible.

Velaquí a serie STRANDÖN
Dous nenos na praia: o neno está deitado baixo un cortaventos/parasol pregable STRANDÖN e a nena está xogando na area.
Un altofalante Bluetooth VAPPEBY azul pendurado dun parasol na praia.
Unha hamaca STRANDÖN azul e branca montada na praia cunha toalla enriba, preparada para relaxarse ao sol.
Vista dende arriba dalgunhas partes do parasol STRANDÖN e a súa funda sobre a area.
Unha familia gozando dun pícnic na praia con cadeiras, unha mesa e tallos STRANDÖN, mentres a avoa encárgase da grella portátil STRANDÖN.
Velaquí a serie STRANDÖN

Para os amantes da pizza

Demostra a túa creatividade e sorprende a todo o grupo con ingredientes inesperados. A grella está acendida e a nova tixola para pizza GRILLTIDER está lista para entrar en acción. A partir de agora, o teu xardín será a mellor pizzaría da cidade.

Velaquí a serie GRILLTIDER
Vista superior dunha persoa facendo unhas pizzas cunha tixola e pala para pizza GRILLTIDER, engadindo diferentes ingredientes e cortándoa en porcións.
Preparación dunha pizza caseira na grella BÅTSKÄR no xardín usando a tixola e pala para pizza GRILLTIDER para darlle o toque final perfecto.
Velaquí a serie GRILLTIDER

Hoxe comemos fóra. Outra vez!

Xa estamos nese momento do ano no que apetece pasar tempo ao aire libre e aproveitar cada raio de sol. Monta a túa cociña de exterior e prepárate para dominar a arte de cociñar á grella. Como a comida sabe mellor ao aire libre, temos todo o que podes precisar, dende utensilios de cociña ata mesas.

Velaquí todos os mobles de exterior
Un home nun xardín encargándose dunha grella na cociña de exterior BÅTSKÄR mentres dúas mulleres charlan de fondo.
Unha familia sentada en torno a unha mesa TEGELÖN baixo unha árbore no xardín, con todo listo para comer.
Velaquí todos os mobles de exterior

Que comece a festa no xardín!

En Suecia, celebramos o Midsommar con comida, adornos e diversión. Se o prefires, tamén podes chamala "unha festa no xardín". Convida ás túas amizades, familiares e veciños, e quita a mesa grande. O posto de limoada está listo. E ti, segues aí?

Velaquí todos os produtos esenciais para o Midsommar
Un avó sentado nunha mesa de exterior decorada para unha festa ao aire libre. Hai unha nena sentada debaixo preparando unha coroa típica do Midsommar.
Unha mesa de madeira NORRMANSÖ preparada e decorada para a celebración do Midsommar nun xardín.
Unha mesa de exterior con vasos, pratos e unha fonte GARNERA chea de fresas durante o Midsommar.
Unha pequena mesa de xardín con vasos, pallas e limoada nun tarro VARDAGEN con billa, lista para os convidados dunha festa.
Hai dous nenos sentados no xardín, charlando. A nena está sentada nunha cadeira MAMMUT.
Velaquí todos os produtos esenciais para o Midsommar

Enche o patio de cor!

O verán está repleto de quedadas improvisadas. Quita as mesas SUNDSÖ de todas as cores e fai espazo para longas conversacións ao caer o sol mentres as luces LAMPAN iluminan a noite. Cun patio como este, quen non querería apuntarse?

Velaquí todos os produtos de exterior
Unha zona de mesas ao aire libre con lámpadas LAMPAN en cor azul, vermella e verde iluminando un espazo onde hai varias persoas charlando.
Mesas SUNDSÖ en cor vermella, negra e amarela intensas nun patio asollado. De fondo, pódese ver a varias persoas gozando ao aire libre.
Velaquí todos os produtos de exterior