Saltar

Preciso o tique de compra para facer unha devolución e como se realizan os reembolsos?

Si, o tique ou comprobante de compra son necesarios para realizar devolucións.

Para devolver un produto en IKEA, debes presentar o tique orixinal ou un comprobante de compra válido. Este documento permite verificar a data de compra (dentro do prazo de 365 días) e o método de pago utilizado. Sen isto, non se pode procesar a devolución.
 
O teu recibo de IKEA indica claramente o método de compra (incluidos os últimos 4 díxitos da tarxeta utilizada para a compra). IKEA só pode aceptar devolucions presentando a tarxeta orixinal. Se mercas un artigo durante un periodo promocional, o reembolso se calculará en función do prezo pagado (descontando o valor da promoción).
 
Se queres facer un agasallo a alguen especial, podes solicitar un tique agasallo no momento da compra en tenda. Este documento servirá como comprobante en caso de devolución. Esta opción non se atopa dispoñible para compras online.
 
Podes utilizar o mesmo tique de compra para devolver un ou varios artigos, incluso en diferentes momentos. Lembra que cada devolución debe corresponder a unha compra específica, e o tique debe atoparse asociado a esa transacción.
 
Que acontece se non teño o tique de compra?
Podes recuperalo se utilizaches a IKEA Family ou proporcionas certos datos.
  • Se utilizaches a túa tarxeta IKEA Family, podes acceder aos teus tiques dende o teu perfil web (inicia sesión), no apartados As miñas compras / Amosar tique poderás descargar ou imprimir os teus tiques.
  • Se non o fixeches, IKEA pode axudarte a recuperar o tique se proporcionas:
    • Data de compra.
    • Tenda onde realizaches a compra.
    • Importe exacto.
    • Últimos 4 díxitos da tarxeta utilizada (ten en conta os pagos con tarxeta a través dun monedeiro dixital poden ter os últimos cuatro dígitos diferentes a los de la tarjeta física).
 
Se realizaches un pedido online ou co equipo de venda a distancia, recibirás a factura por email. Tamén podes acceder a ela dende a ligazón Seguimento e xestión do pedido no apartado "Ver factura". En tenda, podes solicitala en caixa ou despois da compra no mostrador de Atención ao Cliente das nosas tendas ou a través do formulario web.
 
Como se realiza a devolución?
  • Se o produto se atopa no seu estado e embalaxe orixinal, poderás escoller se a devolución se realizará no mesmo medio de pago utilizado na compra ou na tarxeta de devolución IKEA.
  • Se o importe da devolución supera os 999,99 €, se devolverá no mesmo medio de pago.
 
Cando recibirei o importe da miña devolución?
A devolución se realizará unha vez verifiquemos que os artigos se atopan en bo estado.
  • Prazo xeral: Independientemente do método de devolución, a devolución se fará efectiva nun prazo de ata 14 días laborais.
  • Se requiero recollida a domicilio, o prazo comeza a contar dende o momento no que se recolle o material.
  • Se realizaches a devolución a través de Correos, o prazo de 14 días comeza unha vez os produtos chegan á nosa tenda IKEA.
 
Nalgúns casos, a túa entidade bancaria pode tardar máis tempo en amosar o importe na túa conta. Os descontos promocionais non se reembolsan.
 

Exactamente, que partes dos nosos artigos consideras insatisfactorias ou pouco útiles?

O texto non se entende ben

O texto non ten que ver coa miña pregunta

O texto ten que ver coa miña pregunta pero non é útil

O texto é demasiado longo ou demasiado curto

Grazas pola túa opinión!