Cal é a política de devolución de IKEA para colchóns?
En IKEA, tes 365 días para amar ou cambiar o teu colchón.
Que debo ter en conta?
- É normal que un colchón novo se sinta máis firme ao principio. O teu corpo precisa polo menos 30 días para adaptarse ao colchón, e o colchón tamén se adapta a ti.
- Para unha maior comodidade, asegúrate de ter unha almofada adecuada que se adapte a ti e ao teu novo colchón.
Podes cambiar o teu colchón dentro dos 30 días dende a data de compra, ou dende o momento no que recibiches os artigos no caso de entrega (Click&Collect ou transporte):
- Recibirás unha tarxeta de devolución polo importe.
- O produto debe atoparse en bo estado, sen sinais de mala hixiene ou danos.
- Lembra que debes presentar o recibo ou comprobante de compra.
Pasado o prazo de 30 días, só se aceptan devolucións de colchóns no seu estado ou embalaxe orixinal.
Podes devolver un colchón:
- Leva o teu colchón a unha das nosas tendas IKEA na península habilitadas para este propósito. Antes de acudir, utiliza o noso buscador de tendas para confirmar na súa páxina local, se a tenda que planeas visitar admite devolucións. Consulta aquí a información da tenda máis próxima.
- Con recollida en domicilio: se contrataches un servizo de entrega para o teu pedido dentro da España continental, podes solicitar a recollida contactando connosco ou na tenda. Indicarémosche os pasos a seguir e organizaremos a recollida no enderezo que escollas. Por motivos de hixiene, é necesario que o colchón a retirar se atope previamente embalado (independentemente do material, sempre que se atope completamente cuberto).
Se quero cambiar o meu colchón por un mellor, que debo ter en conta se devolvo o antigo?
- Se o novo colchón ten un prezo superior, só tes que pagar a diferencia entre o prezo orixinal e o novo.
- Se o novo colchón ten un prezo inferior, devolvemos a diferenza nuha tarxeta de reembolso IKEA, que poderás utilizar en futuras compras.
Ten en conta:
- Aplica únicamente a compras realizadas en IKEA España (península).
- É necesario presentar o comprobante de compra (tique ou factura).
Para máis información, consulta a nosa Política de devolucións.
Cres que foi útil?
Grazas pola túa opinión!
Exactamente, que partes dos nosos artigos consideras insatisfactorias ou pouco útiles?
O texto non se entende ben
O texto non ten que ver coa miña pregunta
O texto ten que ver coa miña pregunta pero non é útil
O texto é demasiado longo ou demasiado curto
O texto non se entende ben
O texto non ten que ver coa miña pregunta
O texto ten que ver coa miña pregunta pero non é útil
O texto é demasiado longo ou demasiado curto
Grazas pola túa opinión!
Non lle resultou útil o artigo? Proba cun dos artigos relacionados a continuación