Saltar

Mercar en IKEA

Hai varios xeitos de mercar en IKEA. Algúns permítenche facelo dende a comodidade do teu fogar, aínda que sempre teremos un bocadillo de salchicha listo para quen decida visitar as tendas IKEA. 

Unha parella falando dunha cama cun colaborador nunha Exposición IKEA.

Descubre como mercar en IKEA e como IKEA pode chegar a ti, xa esteas a mercar en liña, a buscar atención ao cliente ou a planear a casa dos teus soños.

Tendas IKEA, puntos de planificación e pedido, e puntos de recollidaIKEA.com | Aplicacións IKEA | Centro de atención ao cliente | IKEA para Empresas

Tendas IKEA, puntos de planificación e pedido, e puntos de recollida

Dende a cor dos armarios de cociña ata a altura das plantas de interior: con IKEA, ti tes todo o control. Nas nosas tendas e nos nosos puntos de planificación e pedido, podes tocar e probar os nosos produtos, pedir axuda profesional a un/unha dos/as nosos/as colaboradores/as de IKEA e inspirarte.  

 

Nas nosas tendas máis grandes, podes mercar produtos para levalos á casa o mesmo día ou recoller os produtos que pediches en liña. Teñen todo o que precisas para pasar un día en familia: dende albóndegas ata unha zona de xogos para os máis pequenos.

 

En certas tendas, podes devolver os mobles que xa non queiras e vendelos no noso Circular Hub a través do servizo de recompra e revenda.  

 

Nas tendas urbanas máis pequenas, podes tocar e probar os produtos da nosa gama, pedilos para entrega ou recollida, recoller os produtos que pediches en liña nos puntos de recollida e mercar determinados produtos para levalos á casa o mesmo día.  

IKEA.com

Deixa que cho levemos á casa e merca en liña en IKEA.com. Navega e inspírate, fai pedidos para recibir ou recoller produtos, xestiona a túa subscrición a IKEA Family e moito máis, todo dende a comodidade do teu fogar. Mesmo podes empregar IKEA.com para mercar en tenda. Proba a crear unha lista da compra e a comprobar a dispoñibilidade das existencias antes de visitar unha tenda IKEA. 

Aplicacións IKEA

Dende a planificación ata a compra: as nosas aplicacións móviles poden dar ideas e facer que che resulte máis sinxelo botarlle unha ollada ao que hai. Busca produtos, crea listas da compra, consulta a túa conta IKEA Family e emprega a nosa gama de produtos intelixentes.

Axudámosche a comprar esteas onde esteas

O noso equipo de Atención ao Cliente pode explicarte onde se coloca calquera parafuso... e moito máis. Dende deseñar a casa ou o negocio dos teus soños ata mercar os mobles que precisas para decoralos: os/as nosos/as colaboradores/as de IKEA están aí para ti. Contamos con todo un abano de servizos de planificación e deseño aos que podes acceder dende a comodidade do teu fogar, así como cun equipo que pode axudarche cando teñas todo listo para comezar.

Descubre os nosos servizos de deseño e planificación en tenda, a domicilio e a distancia, e atopa o que mellor se adapte ás túas necesidades.

Precisas algo máis? O noso servizo de atención ao cliente pode servir de axuda, dende a planificación ata a compra.

IKEA para Empresas

Para mellorar o día a día no traballo, IKEA para Empresas ofrece un abano de servizos personalizados e ferramentas de deseño.