Saltar

Incidencias

Nesta páxina atoparás toda a información que precisas para solucionar a túa incidencia. Descubre como facer o seguinte:

• Solicitar asistencia para un produto que xa mercaches.
• Realizar a devolución ou substitución dun produto en garantía.
• Como proceder se houbo un problema cun servizo.

Unha compañeira de IKEA do equipo de asistencia ao cliente traballando na súa mesa.

Como podemos axudarche

Segundo o tipo de solución que precises, podes elixir a mellor opción para ti aquí

Información sobre o teu pedido

Queres saber onde está o teu pedido? Precisas cancelalo? Queres cambiar a data de entrega? Podes realizar estas comprobacións dende a páxina de seguimento e xestión de pedidos. Se non atopas a información que precisas, podes contactarnos para que che axudemos. 

Parafusos e repostos para electrodomésticos

Fáltache un parafuso? Non te preocupes: podes facer un pedido dos parafusos que necesitas para deixar os teus mobles e accesorios como novos.

Solicitude de parafusos

Tes algunha pregunta?

Insire unha ou varias palabras clave na barra de busca para atopar resposta ás túas dúbidas nas nosas preguntas frecuentes.

Se desexas información sobre os nosos produtos, utiliza o buscador que se atopa na parte superior da web.
Se desexas consultar o estado do teu pedido, fai clic aquí

Se precisas información sobre como funciona a sección de preguntas frecuentes, insire no buscador a palabra "Ola / Hej".