Descubre o dormitorio perfecto: Comodidade, estilo e solucións de almacenaxe intelixentes
O teu dormitorio é algo máis que o lugar no que dormes: é o teu santuario persoal, un espazo no que relaxarte e cargar as pilas. En IKEA, comprendemos a importancia de crear un dormitorio que reflicta de verdade o teu estilo e satisfaga as túas necesidades de confort. Explora a nosa ampla variedade de mobles de dormitorio, dende cómodas camas e colchóns que che ofrecen todo o seu apoio ata solucións de almacenaxe intelixentes e tecidos elegantes.
Non importa se buscas un cambio de imaxe radical ou se só queres modificar un par de cousiñas para realzar o teu dormitorio: temos todo o que precisas para deseñar o cuarto perfecto. Descubre ideas que te inspiren e solucións prácticas que che axuden a desconectar e a durmir a sono solto todas as noites.

Dormitorios destacados
Que gustiño!
Rústica, desenfadada e preparada para grandes soños. A nova funda nórdica BANDKNIPPE ten un deseño texturado que ofrece un aspecto ideal e un tacto aínda mellor cando te acurrunchas baixo ela. O deseño texturado achega profundidade e calidez ao estilo crema, e resulta idóneo se o que buscas é un aspecto tradicional que non estea sobrecargado. Elaborouse a partir de algodón suave e duradeiro, e conta con cores naturais que encaixan sen complicacións coas mantas e coxíns que elixas para gozar dun niño onde repousar.
Pasa da electrónica para o fogar á electrónica para os mobles do fogar
Ilumina o teu fogar e éncheo das mellores cancións! Coa nosa nova e mellorada serie de lámpadas intelixentes e altofalantes bluetooth, elaborados nunha colaboración chea de cor coa deseñadora Tekla Evelina Severin, non che resultará complicado atopar unha combinación de funcionalidade e estilo que encaixe contigo. Contan coa incrible función Spotify Tap —un botón que, cun simple toque, permite retomar a escoita onde a deixaches por última vez, e se o premes outra vez, ofréceche unha recomendación—, polo que nunca fora tan doado gozar dunha banda sonora á medida no teu santuario.

Merca produtos para un fogar máis sostible
Decoración do fogar
Axuda co deseño de interiores