Saltar

Súmate ao aforro enerxético

Sabías que, na actualidade, o consumo enerxético dos fogares representa case un terzo do consumo enerxético mundial? En moitos fogares, a enerxía é o principal desembolso e o aumento do consumo este ano en comparación co anterior está sendo especialmente significativo. Quen non quere reducilo e aforrar na factura da luz e, ao tempo, coidar do planeta?

Queremos inspirarte para conseguilo con algúns consellos. Toma nota!

1. Ilumina o camiño cara ao aforro

Non só de LEDS vive o aforro en iluminación, mais si que representan un primeiro paso moi importante. Consomen ata un 85% menos de enerxía e poden durar ata 20 anos. 

O segundo paso sería planificar os puntos de luz do teu fogar para aproveitar ao máximo a luz natural e non ter que recorrer á artificial.

E se queremos converternos en mestres do aforro enerxético, podemos recorrer a lámpadas con función de regulación ou solucións de iluminación intelixente de xeito que os dispositivos estean conectados a un só mando a distancia ou mediante reguladores cos que controlar a intensidade da luz en cada momento en función da actividade que esteamos a facer.

Máis ideas sobre iluminación


2. Reduce o consumo residual

En moitos casos, o desbaratamento enerxético prodúcese por descoñecemento, por dispositivos vellos ou, simplemente, por preguiza. Debemos comprender canta enerxía estamos a empregar e onde, ben como coñecer os produtos e as accións que nos van axudar a mellorar o noso consumo.

O aumento de dispositivos tecnolóxicos nos nosos fogares fixo que o consumo de enerxía que medrase ata un 20% do consumo total. Unha das principais causas son as denominadas "cargas pantasma" dos aparellos, que chegan a alcanzar o 6,6% do consumo, e son os dispositivos que deixamos enchufados e que, a pesar de non estaren en funcionamento, seguen consumindo enerxía.

Un simple ladrón permítenos desconectar multitude de aparellos á vez co xesto de apagar o interruptor.

Máis ideas para aforrar enerxía


3. Mellora o illamento do teu fogar

As cortinas e as alfombras non serven unicamente para decorar, senón que xogan un papel esencial na conservación da temperatura dentro da casa.

Gardan a calor de cada peza da casa, impedindo que escape a través das fiestras e o chan. Ademais, a quen non lle gusta espreguizarse polas mañás afundindo os pés nunha alfombra quentiña?

Téxtiles grosos para as cortinas e estores opacos son a clave para ter unha fiestra elegante e completamente illada do exterior.

Os coxíns e mantas tamén achegan unha sensación de calidez e absorben parte da calor da habitación axudando a mantela. Divírtete combinando materiais como o veludo ou a la e prepara tamén a túa decoración para o cambio de tempada.

Máis ideas sobre climatización


4. Cociñeiro, aos fogóns!

A estas alturas xa coñecemos o truco de aproveitar as dúas bandexas do forno para preparar varios pratos cando o acendemos, pero sabías que debes usar un fogón do tamaño da pota para evitar que se disperse a calor? Ou que tapando a pota tardas menos tempo en cociñar?

Trucos sinxelos como estes reducirán o tamaño da túa factura e daranche máis tempo libre. Que máis se pode pedir?

  • Usa unha pota de presión sempre que poidas. Cociñarás na metade do tempo grazas á presión.
  • Pon a ferver só a cantidade de auga necesaria, xa que é necesaria unha gran cantidade de enerxía para que ferva. Se a tapamos aceleraremos este proceso.
  • Reserva un día á semana para cociñar o menú da semana seguinte. Ademais de enerxía, aforrarás tempo! E se tamén usamos recipientes de vidro no frigorífico, melloraremos a conservación dos alimentos e será máis doados atopalos, o que reduce o tempo de ter a neveira aberta e, polo tanto, o dispendio de enerxía.

Máis ideas para aforrar enerxía na túa cociña


5. Electrodomésticos máis eficientes

Sabías que o 62% do consumo enerxético do teu fogar corresponde aos electrodomésticos? Por iso é moi importante fixarse nas etiquetas enerxéticas no momento de mercar un electrodoméstico novo: escoller un do rango máis eficiente terá un impacto drástico na nosa factura e no noso consumo.

Ademais disto, hai moitos pequenos xestos que podes incorporar no teu día a día para facer que o consumo de enerxía sexa aínda máis eficiente:

  • Frigorífico: reduce a temperatura ao mínimo no inverno e súbea á intermedia no verán; deixa arrefriar un pouco os alimentos que cociñes antes de gardalos, así evitarás que a neveira faga un esforzo extra para arrefrialos. Ademais, debes mantela sempre chea e abrila o menos posible para evitar que se perda o frío no seu interior.
  • Forno: polo xeral non é necesario prequentar o forno, podes apagalo cando falten só uns minutos para rematar a cocción do prato aproveitando a calor residual; e evita abrilo innecesariamente, xa que cada vez que o fas perde un 20% da calor no seu interior.
  • Lavalouza: acéndea só cando estea completamente chea (un lavado coa carga completa consome menos que dous a media carga), utiliza os programas ECO e evita o programa de secado con aire quente, pois é un gasto innecesario de enerxía e de diñeiro. A propia circulación natural do aire ao abrir a porta tras finalizar o lavado seca a louza rapidamente e permíteche aforrar un 45% de enerxía.
  • Quentador de auga: usa unha billa cun sistema de inicio en frío, que evita o malgasto de auga quente e permite aforrar enerxía. Cando levantas o mando recto cara arriba só sae auga fría. A función impide xirar completamente o mando cara á dereita, evitando así accionar a caldeira sen querer.

Esperamos que te animes a celebrar e participar no aforro enerxético para gozarmos dun planeta máis limpo!

Máis ideas sobre electrodomésticos máis eficientes

Cambia a un día a día máis sostible con SOLSTRÅLE

Comeza a xerar a túa propia enerxía renovable a un prezo accesible. Contigo Energía traballou con IKEA para crear unha oferta de enerxía solar que se adapta a ti, ao teu fogar e ás túas necesidades enerxéticas.

Máis información