Espellos
Ordenar e filtrar
119 produtos no resultado
Un anaquiño de sol na casa
Un espello novo é como ter outra xanela no cuarto. Enmarcado por unha bonita coroa de xunco renovable feita á man, é suficiente para alegrarte todo o día.

Como decorar con espellos
Buscas un xeito doado de que a túa casa pareza máis espazosa ou quizais queres iluminar un recuncho escuro que non recibe moita luz natural? Aprende a facer todo isto e moito máis con espellos máxicos.
Din que os ollos son o espello da alma. E que pasa cos espellos? Que revelan? Aínda que non poidan dicir nada da túa alma (tan só o ben que te ves hoxe), constitúen un detalle de deseño moi revelador!
Os espellos cambian a percepción do espazo e a luz nos cuartos. O reflexo intensifica o brillo de calquera fonte de luz e achega profundidade e movemento ás superficies planas e inmóbiles. Ademais de conseguir máis luminosidade e amplitude, darache a sensación de que o cuarto é máis grande do que realmente é. Este efecto virache moi ben en espazos pequenos, como o recibidor o un corredor estreito.
Problemas de espazo? Confía nun espello de mesa
Os problemas de espazo son un continuo cando tes unha familia grande, unha vivenda pequena ou ámbalas dúas. A pesar disto, segues necesitando amañarte para afrontar o día cun bo aspecto. Pero que podes facer cando o baño está ocupado, os nenos están xogando no recibidor e a túa media laranxa está durmindo a sesta no dormitorio? Coller un espello de mesa!
Estes espellos quedan ideais sobre unha mesa, un escritorio ou calquera outra superficie sólida e plana. Son o suficientemente pequenos para levar dun lado a outro e o suficientemente grandes para peitearse, maquillarse e probarse complementos.
Se tes un pouco de espazo, podes probar a colocar un espello enriba do toucador. Ademais de quedar precioso sobre a súa superficie, darache unha nova perspectiva da túa marabillosa figura e resultarache máis doado acertar co conxunto!
Espelliño, espelliño da parede (ou chan)…
Quen é a persoa máis bonitiña? Ti, por suposto! Mais cun espello pequeno é difícil asegurarse. Especialmente cando queres saber se as zapatillas conxuntan cos vaqueiros ou se as mallas teñen carreiras ou buratos.
Nestes casos, precisas un espello máis grande. Se pode ser, un de corpo enteiro no que poidas verte dende todos os ángulos, como un espello de parede ou un de pé.
Un espello de pé tamén che ofrece un espazo moi práctico para gardar a roupa. Só tes que colocala sobre o estante que agocha na parte de atrás. Así, poderás poñela de novo ao día seguinte, xa que estará como nova. Ademais, é unha boa forma de librarse da montaña de roupa que non deixa de medrar sobre a cadeira. Xa sabes de cal estamos a falar…