Un colchón de escuma firme feito para ti
Elixir un bo colchón é unha tarefa complicada á que lle hai que dedicar tempo. Imos poñercho un pouco máis doado. Temos os nosos produtos emblemáticos, como o colchón ÅGOTNES, a prezos máis baixos. É o momento de cambiar o colchón!
Ordenar e filtrar
Dúas firmezas para acomodalos a todos
Cada vez que vas mercar un colchón, parece que comezas unha aventura. E se ademais pode ser firme ou extrafirme, como VESTERÖY, semella aínda máis difícil. Pero non te preocupes: agora, os nosos produtos emblemáticos, como VESTERÖY, teñen un prezo máis baixo. E este colchón, ademais, vén enrolado para que sexa máis doado transportalo.
Dúas firmezas para acomodalos a todos
Cada vez que vas mercar un colchón, parece que comezas unha aventura. E se ademais pode ser firme ou extrafirme, como VESTERÖY, semella aínda máis difícil. Pero non te preocupes: agora, os nosos produtos emblemáticos, como VESTERÖY, teñen un prezo máis baixo. E este colchón, ademais, vén enrolado para que sexa máis doado transportalo.
Recomendado para ti
Colchóns ao mellor prezo. Atopa a túa postura e o teu colchón
Antes de durmir, sempre buscamos a postura no colchón que máis nos relaxa, aquela na que estamos máis cómodos. Unhas respiracións, catro pensamentos e a durmir! O corpo reláxase, a mente tamén. Sobre o colchón é onde cargamos as pilas para afrontar o día que chega con toda a enerxía posible. Por iso é importante elixir un colchón no que nos sintamos nós mesmos, un colchón que non sexa nin moi duro nin moi brando. Que encaixe coa decoración do noso dormitorio e a nosa roupa de cama. En IKEA temos todos os colchóns que poidas imaxinar e algún máis, dende colchóns viscoelásticos ata colchóns de resortes. E de prezos e garantías mellor nin falemos; estamos seguros de que os nosos colchóns cumpren as túas expectativas ao mellor prezo.
Colchóns en todas as medidas para maiores e para pequenos
Non só temos colchóns de medidas suecas. En IKEA podes atopar colchóns de todas as medidas do mercado, polo que podes elixir tanto colchóns coas medidas españolas como colchóns coas medidas dos estándares europeos. Ademais, temos colchóns de diferentes grosores e de diferentes firmezas e materiais. Para os máis pequenos podes atopar colchóns infantís en IKEA que se adaptan perfectamente ao seu corpo. E se queres que o colchón se faga máis grande conforme eles medren, aposta por un colchón extensible que lle dará versatilidade ao teu fogar.


































































