Un dormitorio infantil compartido de estilo escandinavo deseñado para a diversión e o descanso
Crear un cuarto que satisfaga as necesidades dos cativos non é fácil, sobre todo se se trata de xemelgos. Queres un dormitorio divertido e seguro con espazo para xogar e descansar, pero tamén para gardar todas as súas cousas? Velaquí a solución: un cuarto colorido con mobles versátiles e espazos de concentración para que os teus fillos dean renda solta á súa imaxinación.

