Saltar

UNDERHÅLLA Tarxetas cn letras, números, signos

2,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
UNDERHÅLLA
605.521.59

Grazas a estas tarxetas, os máis pequenos da casa aprenderán as letras e os números. E os xa menos pequenos aprenderán a contar ou e a formar palabras ou frases curtas.

Máis información
UNDERHÅLLA Tarxetas cn letras, números, signos

Opinións dos clientes

4.3Recensión: 4.3 de 5 estrelas. Revisións totais: 79Valoración media
79Opinións
4.3Recensión: 4.3 de 5 estrelas. Revisións totais: 79Valoración media
79Opinións

As túas olladas

Ideas suxeridas por este produto

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Tres tarxetas educativas brancas xacían sobre unha superficie de madeira, co símbolo da man verde, as franxas diagonais vermellas e a letra azul j.

A diversión da aprendizaxe

Xogar é, por riba de todo, divertido, mais tamén é unha parte fundamental no desenvolvemento de toda crianza. Creamos UNDERHÅLLA para estimular unha aprendizaxe divertida e inspiradora. A serie conta con xoguetes de madeira pedagóxicos, tarxetas con letras e números... en resumo, cousas que xogan un papel importante nun mundo cada vez máis dixital.

"Si, é importante que as nenas e nenos teñan a oportunidade de xogar e aprender con distintos xogos e xoguetes, dá igual que estes sexan tradicionais ou dixitais. Porque aí está a diversidade e a liberdade da infancia", di Kristiina Kumpulainen. Kristiina é catedrática de Educación e directora científica do Centro de Aprendizaxe Lúdica da Universidade de Helsinki. Os seus estudos céntranse na aprendizaxe infantil e como o deseño afecta as capacidades de aprendizaxe dos e das máis pequenas.

Tarxetas para todas as idades

Cando deseñamos as tarxetas da serie UNDERHÅLLA, tivemos que achar o tamaño e o estilo exacto de letras e números, para as nenas e nenos as recoñeceren facilmente, independentemente da idade ou lugar de procedencia. Pedinlle consello a Kristiina Kumpulainen e díxome que crease tarxetas con símbolos familiares, como casas e corazóns. "Desa maneira incluímos tarxetas cun significado para todo o mundo, mesmo para as nenas e nenos que aínda non coñecen as letras. Os nenos son moi creativos e é bo que as cousas coas que xoguen non actúen como unha barreira, senón como un estímulo máis".

Xogar mellora as habilidades

Tarxetas, ábacos, reloxo e bloques de construción: todos os compoñentes da serie UNDERHÅLLA están pensados para xogar. "Sabemos que xogar é parte da natureza dun neno, pero mentres xogan practican habilidades sociais, emocionais e cognitivas e é unha forma de eles e elas xestionaren as súas emocións. Xogar é unha forma sa e rica de aprender que mellora o benestar", di Kristiina. E os xogos e xoguetes análogos abren un abano de posibilidades especial. As e os nenos poden xogar con eles en calquera momento e en calquera parte, xa que non requiren electricidade nin conexión a internet. Estupendo, non si?

Funcionalidade

Como xogar coas tarxeta UNDERHÅLLA con letras, números e símbolos.

A busca do tesouro: coloca as tarxetas no chan e pídelle que encontre cousas na casa que comecen por cada letra. Carreira de letras e números: coloca as tarxetas no chan, a modo de circuíto de carreiras, en orde alfabética ou ó chou. Di unha letra ou número e despois pídelle que leve o coche ata alí. Sopa de letras: mestura as tarxetas de xeito que queden á vista. Di unha letra ou número e pídelle que a encontre. Podes pedir ós cativos máis maiores que encontren as letras dunha palabra en concreto e que as coloquen na orde correcta. Crea os teus propios xogos: as posibilidades son infinitas.

Consigue o estilo

Ideas suxeridas por produtos que viches hai pouco

Máis de

Accesorios para UNDERHÅLLA