Henrik leva 20 anos deseñando xoguetes, un cometido que toma moi en serio. "Para unha crianza, xogar é como descubrir o que a rodea. Para os adultos, o primordial adoita ser facer as cousas ben, poñer todo no seu sitio, mais para as crianzas o resultado non sempre é o máis importante, senón descubrir como colocar os bloques dun edificio de pezas, por exemplo". O xoguete para golpear bloques é un dos máis clásicos. "Para as crianzas é divertido, en primeiro lugar porque lles gusta dar golpes nas columnas, e porque tamén lles gusta ver que acontece cando fan máis forza. Ademais, é un xoguete ideal para melloraren a coordinación man-ollos".
UPPSTÅ Bloque para martelar, multicolor
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Podes cambiar de opinión
UPPSTÅ
605.138.89O teu fillo pode dar tantas marteladas nestas pezas como queira. Cando todas as pezas estean colocadas, dálle a volta e volve empezar. Motiva o teu fillo a xogar contigo ou os seus amigos e para que aprenda a esperar a súa quenda.
Material
- Lateral:
- Faia maciza, Pintura acrílica, Laca transparente de acrílico
- Taboleiro para inserir fichas/ Martelo:
- Faia maciza, Laca transparente de acrílico
- Taco:
- Plástico de poliamida
Mantemento
Secar cun pano seco.

Martelar pezas é divertido e un excelente exercicio para o pulso. O teu pequeno pode martelar as pezas por filas ou unha cor cada vez.
Axuda a desenvolver as habilidades motrices e a coordinación da vista e as mans.
A serie UPPSTÅ creouse para axudar ao teu fillo a aprender e descubrir, e ofrece diferentes figuras do bosque inspiradas nas nosas raíces escandinavas.
A esta idade, os nenos descobren todos os seus sentidos. As estruturas, os sons e as diferentes cores e debuxos melloran a súa experiencia á hora de xogar.
S Edholm/L Ullenius
Inclúe: 1 soporte para as pezas, 1 mazo de madeira e 8 pezas de cores.
Cada parte está coidadosamente probada, é resistente a caídas, golpes e mesmo dentadas.
Combina con outros produtos das series UPPSTÄ e BRUMMIG.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Material
- Lateral:
- Faia maciza, Pintura acrílica, Laca transparente de acrílico
- Taboleiro para inserir fichas/ Martelo:
- Faia maciza, Laca transparente de acrílico
- Taco:
- Plástico de poliamida
Mantemento
Secar cun pano seco.
- Recomendado a partir dos 18 meses.ATENCIÓN! A montaxe débea realizar unha persoa adulta. Abre o paquete con extremo coidado: inclúe pezas pequenas que son perigosas para nenos menores de 3 anos.Este produto leva marcado CE.

- 605.138.89
1 × UPPSTÅ
Bloque para martelar- Ancho: 14 cm
- Alto: 5 cm
- Longo: 22 cm
- Peso: 0.64 kg
Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Xoguetes: divertidos e necesarios
As crianzas pequenas son expertas en aprender ao tempo que se divirten. Ao xogar adestran as súas habilidades motoras e a coordinación, melloran o pensamento lóxico e desenvolven unha morea de habilidades novas. UPPSTÅ é unha serie de xoguetes especialmente creada para eses primeiros momentos de diversión nos que apertar e tirar son o que máis abunda.
Ao tirar da corda, o ourizo ponse a camiñar e do seu redondiño ventre sae como un son. "Cando deixa de tirar da corda, o ourizo detense e iso para a crianza é unha confirmación, porque dese xeito entende que pode crear son pola súa conta", explica o deseñador Henrik Johansson.
Explorar a través do xogo
Xoguetes duradeiros
Xogar é unha actividade boa para moitas cousas: para as habilidades motoras, o pensamento lóxico e tamén para desenvolver a imaxinación. Cos seus caracteres e ilustracións, a serie UPPSTÅ é coma un conto sobre un bosque no que se suceden unha infinidade de historias. "Queremos que as sesións de xogo sexan abertas, diversas e duradeiras. Os xoguetes UPPSTÅ están feitos de materiais e cores resistentes para que estean convosco durante moitos anos". Deste xeito, é posible que nun par de anos sexa unha irmá pequena a que se divirta amoreando aneis ou dando os seus primeiros pasos co andador.
Funcionalidade
Xoguetes para crianzas
Non todos os cativos comezan a camiñar á mesma idade. Independentemente diso, un andador é o mellor aliado durante os seus primeiros pasos, cando as pernas aínda non responden correctamente. Con dous anos, moitos cativos xa comezan a correr, a subirse ás cousas, a xogar ás agochadas, a rolar polo chan e a tirar os xoguetes por aí. E é que xogar axuda a mellorar as súas capacidades motoras, o pensamento lóxico e a imaxinación de diferentes maneiras.
Material
Que é a madeira maciza?
A madeira maciza é un dos nosos materiais favoritos e é parte da nosa tradición escandinava. Tamén é un material atemporal con moitas aplicacións. Independentemente do tipo de madeira, é un material resistente, fermoso e renovable. O noso obxectivo é utilizar esta materia prima da maneira máis intelixente e eficaz posible para evitar desaproveitala. Igualmente, investimos en infraestruturas e loxística para aumentar o uso da madeira reciclada.







