Xoguetes para bebé

Xoguetes para bebés, peluches e xoguetes de madeira

O que máis nos preocupa é que o teu bebé xogue e aprenda, e que ti esteas tranquilo, porque son xoguetes seguros e resistentes. Todos os xoguetes da serie MULA, ademais de molar un montón e divertir aos máis pequechos, superaron esixentes probas e aguantan o que lles botes. Se o teu fillo os tira, os golpea ou mesmo, para que negalo, os morde, tranquilo, están preparados para durar. Descubre os nosos xoguetes para bebés e os peluches, e se xa son un pouco máis maiores, os preciosos xoguetes de madeira de toda a vida.

 

Xoguetes para aprender e divertirse a partes iguais

Xogar a roles estimula o seu intelecto e ponos en situacións de persoa maior. Prepáraos para situacións novas que non viviran ata agora. O xogo dinámico axuda aos seus corpiños a poñerse en marcha, polo túnel do chan, o bambán ou a tenda. Non esquezas o balón brandiño como un peluche ou o xogo de amorear, que gusta tanto a pequenos coma aos máis grandes. As manualidades son a mellor opción para que saquen o creativo que levan dentro. Let's play!