Henrik leva 20 anos deseñando xoguetes, un cometido que toma moi en serio. "Para unha crianza, xogar é como descubrir o que a rodea. Para os adultos, o primordial adoita ser facer as cousas ben, poñer todo no seu sitio, mais para as crianzas o resultado non sempre é o máis importante, senón descubrir como colocar os bloques dun edificio de pezas, por exemplo". O xoguete para golpear bloques é un dos máis clásicos. "Para as crianzas é divertido, en primeiro lugar porque lles gusta dar golpes nas columnas, e porque tamén lles gusta ver que acontece cando fan máis forza. Ademais, é un xoguete ideal para melloraren a coordinación man-ollos".
UPPSTÅ Bolsa, trenzado/verde, 35 cm
Como conseguilo
Recoller 3 puntos con
Podes cambiar de opinión
Con esta bolsa poderás transformar a hora da limpeza nun conto, co moucho como personaxe principal e man dereita da túa filla ou fillo. Feita de algodón trenzado e parte da serie UPPSTÅ.

O nariz e os ollos están confeccionados en algodón trenzado e bordados en fío e mantéñense no seu sitio. A proba dos nenos máis fedellos.
Trenzado con algodón 100%, polo que a bolsa de almacenaxe é suave e a túa criatura poderá xogar con ela de maneira segura.
Ao ser pregable, aforrarás espazo cando non o uses.
Ao ser lixeira e ter dúas asas nos laterais, os teus fillos poderán levantala e manexala sen problemas.

Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Xoguetes: divertidos e necesarios
As crianzas pequenas son expertas en aprender ao tempo que se divirten. Ao xogar adestran as súas habilidades motoras e a coordinación, melloran o pensamento lóxico e desenvolven unha morea de habilidades novas. UPPSTÅ é unha serie de xoguetes especialmente creada para eses primeiros momentos de diversión nos que apertar e tirar son o que máis abunda.
Ao tirar da corda, o ourizo ponse a camiñar e do seu redondiño ventre sae como un son. "Cando deixa de tirar da corda, o ourizo detense e iso para a crianza é unha confirmación, porque dese xeito entende que pode crear son pola súa conta", explica o deseñador Henrik Johansson.
Explorar a través do xogo
Xoguetes duradeiros
Xogar é unha actividade boa para moitas cousas: para as habilidades motoras, o pensamento lóxico e tamén para desenvolver a imaxinación. Cos seus caracteres e ilustracións, a serie UPPSTÅ é coma un conto sobre un bosque no que se suceden unha infinidade de historias. "Queremos que as sesións de xogo sexan abertas, diversas e duradeiras. Os xoguetes UPPSTÅ están feitos de materiais e cores resistentes para que estean convosco durante moitos anos". Deste xeito, é posible que nun par de anos sexa unha irmá pequena a que se divirta amoreando aneis ou dando os seus primeiros pasos co andador.








