Saltar
Máis de Serie UPPSTÅ

UPPSTÅ Xoguete para tirar, porco espiño/multicolor

5,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Tirar deste bonito ourizo é moi divertido. Con este xoguete, o teu pequeno desenvolverá as habilidades motoras finas, o pensamento lóxico e a coordinación de ollos e mans. Xogar axuda a aprender.

Número de artigo905.046.66

Detalles do produto

Cando o teu fillo tira do ourizo, a boliña oculta na bóla máis grande fai ruído, o que espertará a súa curiosidade.

A súa construción de madeira é axeitada para nenos aos que lles gusta levantar, lanzar, empuxar e tirar os xoguetes.

Os máis pequenos poderán suxeitar a corda sen problemas.

O seu deseño permite que o teu fillo perciba diferentes materiais e formas.

A serie UPPSTÅ creouse para axudar ao teu fillo a aprender e descubrir, e ofrece diferentes figuras do bosque inspiradas nas nosas raíces escandinavas.

A esta idade, os nenos descobren todos os seus sentidos. As estruturas, os sons e as diferentes cores e debuxos melloran a súa experiencia á hora de xogar.

Deseñador

H Johansson/S Edholm/L Ullenius

Número de artigo905.046.66

Información útil

Cada parte está coidadosamente probada, é resistente a caídas, golpes e mesmo dentadas.

Combina con outros produtos das series UPPSTÄ e BRUMMIG.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Compoñente(s) de madeira:
Contrachapado de bidueiro, Pintura acrílica, Laca transparente de acrílico
Globo:
Plástico ABS
Perla:
Bidueiro macizo
Roda:
Bidueiro macizo, Pintura acrílica, Laca transparente de acrílico
Eixe:
Aceiro, Galvanizado
Cordón:
100% poliéster

Mantemento

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Recomendado a partir dos 18 meses.Este produto leva marcado CE.

Medicións

  • lonxitude: 15 cm
  • Ancho: 6 cm
  • Altura: 9 cm
  • Lonx. corda: 0.46 m

Embalaxe

UPPSTÅ

Número de artigo905.046.66
  • Ancho: 10 cm
  • Alto: 6 cm
  • Longo: 17 cm
  • Peso: 0.20 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.6Recensión: 4.6 de 5 estrelas. Revisións totais: 70Valoración media
70Opinións
4.6Recensión: 4.6 de 5 estrelas. Revisións totais: 70Valoración media
70Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Simpático xoguete de ourizo de madeira con rodas brillantes e corda amarela, deseñado para o xogo dos nenos.

Xoguetes: divertidos e necesarios

As crianzas pequenas son expertas en aprender ao tempo que se divirten. Ao xogar adestran as súas habilidades motoras e a coordinación, melloran o pensamento lóxico e desenvolven unha morea de habilidades novas. UPPSTÅ é unha serie de xoguetes especialmente creada para eses primeiros momentos de diversión nos que apertar e tirar son o que máis abunda.

Ao tirar da corda, o ourizo ponse a camiñar e do seu redondiño ventre sae como un son. "Cando deixa de tirar da corda, o ourizo detense e iso para a crianza é unha confirmación, porque dese xeito entende que pode crear son pola súa conta", explica o deseñador Henrik Johansson.

Explorar a través do xogo

Henrik leva 20 anos deseñando xoguetes, un cometido que toma moi en serio. "Para unha crianza, xogar é como descubrir o que a rodea. Para os adultos, o primordial adoita ser facer as cousas ben, poñer todo no seu sitio, mais para as crianzas o resultado non sempre é o máis importante, senón descubrir como colocar os bloques dun edificio de pezas, por exemplo". O xoguete para golpear bloques é un dos máis clásicos. "Para as crianzas é divertido, en primeiro lugar porque lles gusta dar golpes nas columnas, e porque tamén lles gusta ver que acontece cando fan máis forza. Ademais, é un xoguete ideal para melloraren a coordinación man-ollos".

Xoguetes duradeiros

Xogar é unha actividade boa para moitas cousas: para as habilidades motoras, o pensamento lóxico e tamén para desenvolver a imaxinación. Cos seus caracteres e ilustracións, a serie UPPSTÅ é coma un conto sobre un bosque no que se suceden unha infinidade de historias. "Queremos que as sesións de xogo sexan abertas, diversas e duradeiras. Os xoguetes UPPSTÅ están feitos de materiais e cores resistentes para que estean convosco durante moitos anos". Deste xeito, é posible que nun par de anos sexa unha irmá pequena a que se divirta amoreando aneis ou dando os seus primeiros pasos co andador.

Máis información

Material

Que é a madeira maciza?

A madeira maciza é un dos nosos materiais favoritos e é parte da nosa tradición escandinava. Tamén é un material atemporal con moitas aplicacións. Independentemente do tipo de madeira, é un material resistente, fermoso e renovable. O noso obxectivo é utilizar esta materia prima da maneira máis intelixente e eficaz posible para evitar desaproveitala. Igualmente, investimos en infraestruturas e loxística para aumentar o uso da madeira reciclada.

Funcionalidade

Xoguetes para os máis pequenos

Non todos os cativos comezan a camiñar á mesma idade. Independentemente diso, un andador é o mellor aliado durante os seus primeiros pasos, cando as pernas aínda non responden correctamente. Con dous anos, moitos cativos xa comezan a correr, a subirse ás cousas, a xogar ás agochadas, a rolar polo chan e a tirar os xoguetes por aí. E é que xogar axuda a mellorar as súas capacidades motoras, o pensamento lóxico e a imaxinación de diferentes maneiras. Os nosos xoguetes non conteñen tóxicos e pasaron por probas minuciosas para garantir que o teu fillo pode xogar con eles con total tranquilidade.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Serie UPPSTÅ

Accesorios para UPPSTÅ