Cando deseñamos as tarxetas da serie UNDERHÅLLA, tivemos que achar o tamaño e o estilo exacto de letras e números, para as nenas e nenos as recoñeceren facilmente, independentemente da idade ou lugar de procedencia. Pedinlle consello a Kristiina Kumpulainen e díxome que crease tarxetas con símbolos familiares, como casas e corazóns. "Desa maneira incluímos tarxetas cun significado para todo o mundo, mesmo para as nenas e nenos que aínda non coñecen as letras. Os nenos son moi creativos e é bo que as cousas coas que xoguen non actúen como unha barreira, senón como un estímulo máis".
UNDERHÅLLA Ábaco, multicolor
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Podes cambiar de opinión
UNDERHÅLLA
605.066.76O ábaco permite que o teu fillo descubra de forma autónoma e divertida diferentes patróns e cores, ademais de practicar a suma e réstaa. Unha excelente ferramenta educativa para nenos de educación infantil e primaria.
Material
- Compoñente(s) de madeira:
- Faia maciza, Laca transparente de acrílico
- Bóla:
- Faia maciza, Laca acrílica transparente tinguida, Laca transparente de acrílico
- Fío:
- Aceiro, Galvanizado
- Ferraxe de plástico:
- Plástico de poliamida
- Corda:
- 100% poliéster
Mantemento
Secar cun pano seco.

Axuda ao teu fillo a aprender conceptos matemáticos abstractos de forma sinxela e visual.
Dez fileiras con dez bólas cada unha. Para facilitar a aprendizaxe dos números da túa filla ou fillo, as bólas divídense por cores en grupos de cinco.
Desenvolve as habilidades motrices e o pensamento lóxico.
Como se pode encartar, é doado de usar e gardar.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Material
- Compoñente(s) de madeira:
- Faia maciza, Laca transparente de acrílico
- Bóla:
- Faia maciza, Laca acrílica transparente tinguida, Laca transparente de acrílico
- Fío:
- Aceiro, Galvanizado
- Ferraxe de plástico:
- Plástico de poliamida
- Corda:
- 100% poliéster
Mantemento
Secar cun pano seco.
- Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.Este produto leva marcado CE.

- 605.066.76
1 × UNDERHÅLLA
Ábaco- Ancho: 37 cm
- Alto: 3 cm
- Longo: 37 cm
- Peso: 1.25 kg
Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

A diversión da aprendizaxe
Xogar é, por riba de todo, divertido, mais tamén é unha parte fundamental no desenvolvemento de toda crianza. Creamos UNDERHÅLLA para estimular unha aprendizaxe divertida e inspiradora. A serie conta con xoguetes de madeira pedagóxicos, tarxetas con letras e números... en resumo, cousas que xogan un papel importante nun mundo cada vez máis dixital.
"Si, é importante que as nenas e nenos teñan a oportunidade de xogar e aprender con distintos xogos e xoguetes, dá igual que estes sexan tradicionais ou dixitais. Porque aí está a diversidade e a liberdade da infancia", di Kristiina Kumpulainen. Kristiina é catedrática de Educación e directora científica do Centro de Aprendizaxe Lúdica da Universidade de Helsinki. Os seus estudos céntranse na aprendizaxe infantil e como o deseño afecta as capacidades de aprendizaxe dos e das máis pequenas.
Tarxetas para todas as idades
Xogar mellora as habilidades
Tarxetas, ábacos, reloxo e bloques de construción: todos os compoñentes da serie UNDERHÅLLA están pensados para xogar. "Sabemos que xogar é parte da natureza dun neno, pero mentres xogan practican habilidades sociais, emocionais e cognitivas e é unha forma de eles e elas xestionaren as súas emocións. Xogar é unha forma sa e rica de aprender que mellora o benestar", di Kristiina. E os xogos e xoguetes análogos abren un abano de posibilidades especial. As e os nenos poden xogar con eles en calquera momento e en calquera parte, xa que non requiren electricidade nin conexión a internet. Estupendo, non si?
Material
Que é a madeira maciza?
A madeira maciza é un dos nosos materiais favoritos e é parte da nosa tradición escandinava. Tamén é un material atemporal con moitas aplicacións. Independentemente do tipo de madeira, é un material resistente, fermoso e renovable. O noso obxectivo é utilizar esta materia prima da maneira máis intelixente e eficaz posible para evitar desaproveitala. Igualmente, investimos en infraestruturas e loxística para aumentar o uso da madeira reciclada.






