Transforma o teu baño: Agárdante novos estilos e solucións intelixentes
Adéntrate nun mundo de calma e rexuvenecemento coa nosa ampla colección para baños. Descubre todo o que precisas para crear un espazo funcional e cheo de estilo, dende billas e ferraxes elegantes ata solucións de almacenaxe intelixentes e tecidos suaves. Non importa se o que planeas é unha renovación completa ou un lavado de cara: a nosa gama ofrece calidade e deseño que se adaptan a calquera estilo e orzamento, para que poidas converter o teu baño nun santuario de paz.

Un fogar para todos os accesorios indispensables
Traslada un pouco de calma aos teus armarios e caixóns con VISSLAÅN, unha serie de organizadores intelixentes con combinacións flexibles de compartimentos e soportes, deseñada para axudarche a tirarlle o máximo proveito ao baño. Dá igual se te decantas por organizadores de caixóns, a bandexa colgante ou a caixa grande con compartimentos: sexa cal sexa a túa decisión, terás todos os teus obxectos esenciais ao alcance da man.
Baños destacados

- Páxina de información do produto
Coas nosas billas de baño, cada pinga conta
Aforrar auga non ten por que converterse noutra tarefa molesta. O truco está en usar billas deseñadas para reducir o consumo de auga. Converte as boas intencións en rutinas diarias con estes produtos que aforran auga.
Converte o teu baño nun verdadeiro spa
Os nosos sistemas e series de baño coordinados
Merca produtos para un fogar máis sostible
Decoración do fogar
Axuda co deseño de interiores
































