Saltar

Ideas de deseño de baños compartidos compatibles con todas as idades

Nun bulicioso baño familiar, a privacidade adoita brillar pola súa ausencia, sobre todo se por el pasan dende os máis pequechos ata os avós. Mais non ten por que ser así. O baño está aí cando o precisas, xa sexa para enfrontarse ás atafegadas mañás ou para levar a cabo as relaxantes rutinas nocturnas. Con HAVBÄCK, podes gozar de almacenaxe intelixente, solucións accesibles e opcións de organización moi ben pensadas para axudarche a transformar o baño nun espazo funcional que se adapte a todos os membros da familia.
Un baño cun armario de lavabo HAVBÄCK en gris escuro con caixóns, un lavabo e unha billa, xunto con espellos e elementos típicos dun baño.

Espazo para todas as persoas, sen desorde

Nun baño compartido como este, as cousas non tardan en amontoarse. Ao utilizar solucións de almacenaxe óptimas, toda a familia poderá ter o seu propio espazo sen que todo sexa un caos. Os armarios altos permiten ter recollidos os produtos de beleza e as toallas, os armarios de parede liberan espazo no lavabo e a almacenaxe móbil axuda a que os obxectos indispensables estean ao alcance dos máis pequechos. Engade accesorios como VISSLAÅN con compartimentos e soportes para que sexa máis sinxelo organizar as cousas máis pequenas, de modo que nada se perda. O resultado? Un baño no que se respira tranquilidade e orde, independentemente de quen o use.

Accesorios que manteñen todo no seu lugar

Nos baños atafegados, son necesarios accesorios intelixentes. Cos artigos axeitados, todo estará no seu sitio, as rutinas serán máis divertidas e todas as persoas contarán coa axuda que precisan.

Velaquí máis accesorios de baño
Velaquí máis accesorios de baño

Preparada para todos os membros da familia

Xa sexa para batuxar con xoguetes ou proceder con algo máis de cautela, a zona da ducha está aí para ti en cada etapa vital. O andel para ducha BÄSINGEN é un elemento resistente ao que aferrarse se precisas axuda, que se ve complementado por unha cadeira de ducha coordinada, xa que ofrece un lugar cómodo e seguro onde sentar. Engade unha alfombra de baño antiescorregóns para gozar dunha maior estabilidade ao pisar, e contarás cunha zona divertida e práctica na que o confort e a tranquilidade van da man.

Unha luz para cada momento

Cada rutina convida a un tipo de iluminación distinto. Grazas a RODRET, podes axustar o brillo con facilidade para que se adapte á tarefa ou o estado de ánimo en cuestión. Usa luces brillantes e claras cando teñas que axudar os máis pequechos ou para verte mellor, e atenúaas cando toque relaxarse ao final do día.
Un baño cun armario con espello LETTAN que reflicte unha nena que se está a preparar cunha persoa adulta, xunto a un lavabo e cunha planta chea de vida no fondo.

Unha luz para cada momento

Cada rutina convida a un tipo de iluminación distinto. Grazas a RODRET, podes axustar o brillo con facilidade para que se adapte á tarefa ou o estado de ánimo en cuestión. Usa luces brillantes e claras cando teñas que axudar os máis pequechos ou para verte mellor, e atenúaas cando toque relaxarse ao final do día.

Enche as túas rutinas de ledicia

Preparar os máis pequechos para que se deiten non é sempre doado, pero, cun pouco de sentido do humor, todo é máis levadío. Converte as rutinas nocturnas nun xogo co temporizador HUMLESJÖN; así, os rituais para deitarse serán máis divertidos e predicibles. Á fin e ao cabo, os máis pequenos teñen que saber cando é o momento oportuno para cada actividade. Esta ferramenta permitiralles ser máis independentes, xa que non terás que andar a recordarlles cando teñen que parar de lavar os dentes. Deste xeito, todas as persoas gozarán dos últimos momentos do día en (relativa) calma.

Recrea o estilo peza a peza