No laboratorio de probas de Älmhult (Suecia), examinamos os produtos antes de engadilos á nosa gama. O equipo leva a cabo probas detalladas tendo en conta as normas e requisitos legais aplicables, o que inclúe dende a funcionalidade e durabilidade ata a seguridade, entre outros aspectos. "Por exemplo, para os fogóns e fornos levamos a cabo probas de estrés levando ao máximo a temperatura do forno e do fogón. Tamén medimos a temperatura dos armarios de cociña circundantes a fin de asegurarnos de que non se produce un sobrequecemento". Moitas das probas esixen simular as duras condicións reais ás que estarán sometidos os electrodomésticos no uso cotián. "De media, a porta do frigorífico ábrese 80 veces ao día, polo que facemos probas para asegurarnos de que isto non afecte á temperatura interior".
Como conseguilo
Recoller 8 puntos con
Detalles do produto
IKEA of Sweden
Información útil
Apto para placa de indución TÄCKNAN con extractor integrado, IKEA 300. Substituir o filtro de carbón NYTTIG por un extractor 300 cando o a luz de saturación do filtro de carbón se acenda.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Mantemento
Non se pode limpar nin reutilizar o filtro de carbón.
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
TÄCKNAN Filtro carbón extractor cociña406.502.12Medicións
- lonxitude: 23.4 cm
- Ancho: 7.4 cm
- Altura: 5.4 cm
- peso: 178 g
Embalaxe
TÄCKNAN
Número de artigo406.502.12- Ancho: 12 cm
- Alto: 8 cm
- Longo: 25 cm
- Peso: 0.41 kg
- Paquete(s): 1
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti
Probas esixentes para os heroes da cociña
Os fornos, fogóns, frigoríficos e outros electrodomésticos da cociña sofren un uso intensivo. Día tras día, ano tras ano, espérase deles que sexan fiables e que che faciliten a vida. Para garantir que os nosos produtos cumpren estas premisas, pasan por un laboratorio de probas acreditado especializado en electrodomésticos.
Un aroma a madalenas acabadas de facer atravesa a ampla estancia. Porén, non é hora da pausa do café. Só son Sven-Ingvar Jonahsson e o seu equipo probando un forno. "Nesta proba, estudamos a uniformidade coa que se douran e canto aumenta o volume das madalenas. Queremos asegurarnos de que o forno cumpre de verdade o que esperamos".
As respostas están nas probas estandarizadas
Produtos seguros para a vida no fogar
Outro aspecto relevante das probas inclúe a análise de riscos, é dicir, asegurarse de que os frigoríficos non envorquen ao abrir os caixóns, que non aplastes os dedos coa porta do forno e que a lavalouza non teña bordos afiados. Entón, que sucede se un produto non está á altura dunha esixencia determinada? "Nese caso, o provedor debe examinar e arranxar o problema antes de repetirmos as probas", explica Sven-Ingvar, antes de marchar a unha sala especial na que se proban os niveis sonoros e as capacidades de succión de todos os ventiladores. A sala ten o tamaño dunha cociña pequena, igual que na casa.




