Campás extractoras

Como elixir o teu extractor de cociña

Para escoller un extractor de cociña que se adapte ás túas necesidades, debes coñecer algúns detalles técnicos da túa cociña: cantos lumes, ou tamaño das placa que tes, o grande que é a túa cociña, a frecuencia coa que cociñas... Todo para dimensionar ben a túa compra e poder así gozar sempre dunha cociña libre de fumes e olores. Especialmente importante se o que tes é unha cociña con illa compartida co salón. Ten en conta que todos os nosos extractores de cociña son moi silenciosos para que non che molesten no teu escritorio, pero tamén debes elixir un extractor de cociña que te convenza esteticamente para darlle ese toque de sofisticación que buscas na decoración da túa cociña.

 

Consellos para coidar do teu extractor de cociña

Xa o tes! Xa elixiches que modelo de extractor de cociña IKEA é o que queres na túa cociña. Agora tes que poñer en práctica algunhas rutinas e consellos para que o teu extractor de cociña dure aínda máis, se callar, cun rendemento optimizado. Non esperes a levar cociñando un anaco para acendela, senón que acéndea dende que coloques a primeira pota sobre a placa ou lumes de gas. Apágaa cando sexa necesario para que non quente de máis. Ademais é importante que a súa limpeza a fagas frecuentemente con produtos non abrasivos e cambies os filtros do extractor para que a sucidade non se acumule.