Saltar

Enche o teu fogar de ledicia

Cada ano, poñémonos en contacto con persoas de todo o mundo para tratar de descubrir o que implica a vida no fogar na actualidade e que podemos facer para mellorala. Diso trata o Informe sobre a vida no fogar de IKEA.

Este ano, descubrimos que gozar dos nosos fogares fainos máis felices e máis optimistas, pero tamén que máis de 1 de cada 3 persoas non o fai o suficiente.

En IKEA, pensamos que vivir máis momentos felices no fogar está ao alcance da man. Mediante accións sinxelas, accesibles e significativas que non custan un diñeiral.

Unha muller á beira dunha porta vermella dálles a benvida a outras persoas ao seu fogar.

Sentirse ben

Como podes conseguir que o teu fogar sexa alegre e saudable?

No mundo actual, o benestar físico e mental son os piares esenciais para gozar dunha vida no fogar feliz, sa e satisfactoria. Pero que queremos dicir con "benestar" e "fogar saudable"? Por suposto, a resposta é moi subxectiva. Camiñar 10 000 pasos diarios, elixir unha dieta rica en vexetais, fixar descansos de 30 minutos ou encher as estancias de plantas... Todo depende das preferencias e eleccións persoais. Tamén, por suposto, dos cambios simples e accesibles que poden axudarnos a sentirnos verdadeiramente ben.

Un vídeo que mostra a unha muller vertendo té nunha cunca con moito coidado e probándoo.
Of those who say their home enables them to live sustainably, 63%* also say it’s their favourite place to be.
Life at Home Report 2024 (*vs 50% global average) 

Benestar medioambiental 

Valorar a túa relación coa contorna pode mellorar enormemente o teu benestar. Non sempre podemos elixir o ambiente no que vivimos, traballamos ou pasamos o tempo, pero o que conta son os pequenos pasos e decisións. 

As sestas son importantes

Quedou demostrado na nosa investigación: o descanso é o que máis contribúe ao benestar no fogar. Á fin e ao cabo, a túa cama sempre estará aí para ti, xa sexa para durmir oito horas, descansar a vista durante cinco minutos ou pasar a tarde sen facer nada. 

Divertirse

Es quen de redescubrir o poder do sentido do humor?

Aquelas persoas que opinan que xogar é cousa de cativos deberían pensalo de novo. Os pasatempos e as actividades creativas ou divertidas son ferramentas moi potentes tamén para as persoas adultas. Ademais de mellorar o noso benestar e axudarnos a atopar o equilibrio e a perspectiva nas nosas vidas, dedicar tempo ao que nos gusta ten un efecto positivo en como nos vemos, como enfocamos o futuro e como conectamos con outras persoas. É importante facerlles oco aos pequenos momentos que achegan un toque máxico ao día a día. 

Un home sorrí mentres toca a guitarra dentro da casa.
Only 14% of people say their home helps to bring out their playful side. But of those who do experience play at home, 61%* feel optimistic about the future.
Life at Home Report 2024 (*vs 48% global average)

O poder do fogar 

Divertirse, desempoar a creatividade e xogar poden mellorar o día a día. Para iso, é importante tomar decisións conscientes que nos axudan a redescubrir a ledicia infantil que se agocha no noso interior. Chegou o momento de sacar ao pequecho que levas dentro e empezar a crear. Ti podes! 

Como crear un recanto flexible para os teus pasatempos

Un espazo que fomenta a creatividade

A ledicia dos videoxogos

Este ano, aprendemos que as persoas cuxo pasatempo son os videoxogos son máis felices nos seus fogares. Podes reconfigurar o teu fogar para gozar do tempo contigo no teu propio espazo mentres utilizas tecnoloxía que che conecte con outras persoas.

Explorar produtos de gaming
Un cunco BLANDA de cristal transparente nunha sala de estar.
Un cunco BLANDA de cristal transparente nunha sala de estar.
Unha manta BRÄNNBOLL azul claro/amarelo vivo.
Un home maior sentado nunha cadeira de gaming pasándoo xenial xogando a un videoxogo.
Un floreiro SKOGSTUNDRA branco nunha sala de estar.
Explorar produtos de gaming

Crear a escena ideal

Como podes plasmar a túa personalidade nun espazo?

Grazas á nosa investigación, aprendemos que gozamos máis dos nosos fogares cando reflicten como somos. Nunha época na que o mundo semella cada vez máis incerto, caro, obsesionado co aspecto físico e co que fan os demais, poden os nosos fogares converterse nun refuxio no que nos limitemos a existir? Atopar e crear un estilo propio consiste en darlles aos nosos espazos a liberdade de ser tan únicos como o somos as persoas, así como en descubrir a ledicia que achega realizar pequenas melloras que teñan un grande impacto.

Unha muller pon a mesa estendendo un mantel vermello.
Embracing uniqueness builds belonging. Of those who feel more belonging at home if they can express their identity there, 57%* experience enjoyment often.
Life at Home Report 2024 (*vs 51% global average) 

Un fogar que me representa 

Sentir que somos un co noso fogar é esencial para gozar del. O importante son todas esas cousas que lle achegan un toque persoal, aínda que sexan pequenas: un obxecto, un detalle, un toque decorativo rechamante que proporcione dopamina... ou mesmo un deseño con formas naturais relaxante. Non importa como sexa o teu estilo: podes atopar ideas inspiradoras para cada recanto do teu fogar.

Servizo de deseño de interiores personalizado

Conectar co resto

Que maneiras de gozar de tempo de calidade se che ocorren?

Os momentos de conexión humana axúdannos a seguir adiante e encher os nosos días. Adoptar rituais sinxelos que fortalezan as relacións coa nosa contorna pode facer que a vida no fogar resulte máis satisfactoria, xa sexa organizando comidas, rindo a gargalladas coas túas amizades ou conectando con outras persoas ou contigo no teu fogar. A tecnoloxía tamén nos permite establecer esas conexións a distancia. O que importa é atopar maneiras sinxelas de gozar de momentos de proximidade e conexión cada día.  

Unha nena sorrí e xoga namentres goza da compaña dos seus pais sorrintes.
69%* of people who see eating as a social activity experience are happy with their life at home.
Life at Home Report 2024 (*vs 61% global average)

Conectar a través da comida 

Isto xa era algo que sospeitabamos, pero quedou demostrado nas nosas investigacións: a comida é un imán que une as persoas. Tanto ao comer como ao cociñar en compañía, a comida é un bo trampolín para pasar da leria ás conversas importantes. Ademais, é algo que podes facer dende a comodidade do teu fogar. 

Guías prácticas útiles para mellorar o comedor 

Receitas para probar na casa

Preparación dunha pizza caseira na grella BÅTSKÄR no xardín co molde e a pa para pizza GRILLTIDER para darlle o toque final perfecto.
Un vaso transparente POKAL.
Unha pota con tapa IKEA 365+ de aceiro inoxidable.
Un cunco VISPAD branco.
Un vaso VARDAGEN marrón.

Descubre o Informe sobre a vida no fogar 2024

Queres obter máis detalles do noso último informe sobre a vida no fogar "Enche o teu fogar de ledicia"? Se é así, esta páxina só é o principio. O teu próximo paso depende de canto queiras profundar.

Bótalle unha ollada ao resumo  

Tes curiosidade pola nosa investigación deste ano? Visita o sitio web do Informe sobre a vida no fogar para ver todos os aspectos destacados (en inglés).

Le o informe

Tes ganas de ler o informe deste ano completo? Descárgao aquí e toma o teu tempo para fixarte en cada detalle.