Edredóns ou recheos nórdicos

Viste a túa cama con edredóns

Achega simplicidade e elegancia á túa cama utilizando edredóns e recheos nórdicos. Non hai necesidade de ter unha saba, unha manta e unha colcha podendo ter todos os beneficios destes tres téxtiles nun só. Ademais, o edredón fai da túa cama un lugar máis acolledor cunha suavidade extra. Non esquezas elixir unhas fundas nórdicas que sexan acordes coa decoración do teu cuarto e lle dean un toque de deseño. Se ademais elixes unha almofada viscoelástica, a comodidade será dobre!

 

Un edredón coa temperatura que necesitas

Es caloroso ou friorento? Dependendo de como sexas, virache mellor un edredón nórdico ou outro porque en IKEA temos edredóns para facer mellores as noites de todas as persoas. Por iso, temos edredóns cálidos que atrapan a calor e crean un ambiente máis cálido para durmir. Tamén temos edredóns frescos que son a mellor opción se a miúdo pasas calor mentres dormes. E se tes calor ou frío segundo o momento do ano, en IKEA podes atopar edredóns 4 estacións para ter a mellor sensación en cada época do ano.