Saltar

Rituais cotiáns para un mellor día a día

Aínda que os cambios poidan ser abafantes, os nosos rituais do día a día son todo o contrario. Porque os pequenos xestos que se repiten son os que teñen a capacidade de mudar a túa vida. Dedica un tempo a identificar as túas rutinas diarias e ver como afectan o teu benestar. Que podes facer para enriquecelas? Hai algún ritual que non fagas e que che alede os días?

Para acadar grandes cambios, céntrate nas cousas pequenas.

Reunión dun grupo de amigos nun balcón ao redor dunha mesa con comida e bebidas.

Rituais para empezar o día da mellor maneira

Non hai nada como comezar ben o día cun ritual que che transmita vitalidade e enerxía, que mellore o teu estado de ánimo e co que acadar os teus obxectivos. Tanto ten que sexa nadar en auga fría para espertar todos os sentidos, preparar a cunca de café perfecta ou gozar dun gorentoso almorzo, é polas mañás cando marcamos o camiño do noso día.

Rituais pola tarde

Encontrar un intre para acougar un chisco e volver a conectar cun mesmo e cos demais é unha práctica moi útil no medio dun día atafegado. Pode consistir en gozar dun momento a soas cunha relaxante cunca de té caseiro, reunir os teus seres queridos para aprender unha antiga receita familiar ou parolar cos teus veciños tomando un café con doces. Ter un obxectivo transmite benestar.

Rituais para relaxarse e finalizar o día

A noite é un momento para xogar, crear e aprender cousas novas. Cando non hai que traballar, o que si hai é tempo para comer, socializar e divertirse. É un momento para gozar da compañía dos nosos amigos, conectar coas nosas mascotas e xogar cos nosos fillos. Tamén podemos dedicar tempo ás nosas afeccións e intereses e, abofé, relaxarnos, desconectar e prepararnos para descansar tranquilamente.