Saltar

Notas peculiares

Notas espontáneas. Escribe. Debuxa. Fai garabatos. Exprésate do xeito máis peculiar que se che ocorra. Non todos os diarios teñen que estar organizados e meditados. Expresarte de xeito espontáneo captura o teu estado de ánimo, en calquera momento e forma. Pono á vista e compárteo coa túa familia ou cos teus compañeiros de piso. É un xeito divertido e diferente de escribires un diario. Chegou o momento de liberar a mente.

Localización: Sala de estar
Momento do día: Noite
Duración: 20 minutos, a diario

Comparte as túas rarezas.

Un home e unha muller sentados en coxíns amarelos no chan dunha sala de estar.
Unha muller cun vestido verde sentada nun coxín no chan, con debuxos e cousas para pintar detrás dela.

Como expresarte a través da arte

Este ritual ofréceche unha forma creativa de expresar os teus pensamentos e emocións de forma visual, e así fomentar o crecemento persoal e o autodescubrimento. Compartir os teus pensamentos e creacións nun taboleiro de notas fomenta o diálogo aberto e reforza as conexións entre os integrantes do fogar. Debuxar e facer garabatos é unha vía de escape terapéutica, xa que reducen o estrés e promoven a relaxación. Usar de xeito cotián o taboleiro de notas como diario fomenta o desenvolvemento das túas habilidades artísticas e pemíteche alcanzar novos niveis de creatividade e imaxinación.

 

  • Busca un lugar visible onde colocar o teu taboleiro de notas para dar renda solta á túa creatividade e deixar que o vexan todos os que vivan contigo (e mesmo as visitas, se che parece ben).
  • Garda preto todo o material artístico, como os rotuladores para encerado MÅLA, as tesoiras e as notas adhesivas, para cando che apeteza debuxar ou facer garabatos.
  • Non esquezas o borrador! A creatividade é un proceso e, ás veces, teste que librar dalgunhas cousas.
  • Exprésate. Usa o taboleiro de notas SVENSÅS para debuxar, facer garabatos ou escribir os teus pensamentos e sensacións ao longo do día con total liberdade. Mostra os teus recordos, que poden ser tan variados como o recibo dun restaurante que che encantou.
  • Anima o resto a contribuír coas súas propias creacións; deste xeito, fomentarás a comunicación aberta e o intercambio de expresións persoais.

Un lugar onde as ideas veñen e van

A beleza dun encerado é que non existen os erros permanentes. Deixa que flúa a creatividade e ponte a facer garabatos. Poden tratar sobre calquera tema: personaxes, lugares ou calquera outra cousa totalmente ao chou. Colle os rotuladores para encerado MÅLA e empeza a debuxar. A inspiración levarate a lugares novos e fascinantes.

Unha man debuxando garabatos nun encerado.
Unha man suxeitando cinco rotuladores para encerado MÅLA diante dun debuxo.

Todo o que precisas para creares un diario de recordos por só 22,41€

Crea o teu propio lenzo por só 22,41€. Faite con todos os elementos básicos para crear un momento especial. Empeza por este sinxelo ritual diario.

Un lugar creativo que tamén sexa o teu taboleiro de inspiración

Pór un taboleiro de notas SVENSÅS entre outras obras de arte dálle valor e convérteo nun espazo para mostrar as túas paixóns, intereses e creatividade. Podes elixir entre debuxar algo novo cada día para que sempre haxa unha novidade, ou manter o teu traballo previo e ir engadindo cousas sobre a marcha. 

Unha man borrando notas dun encerado cun debuxo dunha quenlla fixado na parte superior.
Un home diante dun encerado facendo garabatos.
“
No taboleiro plasmamos todas as ideas que temos na cabeza.
”

Tauri@editaurial en Instagram