Saltar

Intercambio de roupa de segunda man

A alguén lle gusta o estilo vintage? Organiza un encontro de intercambio de roupa no que todos levedes as pezas que xa non queirades e as intercambiedes por outras. É unha magnífica escusa para pasar o tempo cos teus amigos, despexar o armario, ir de compras sen gastar un can e sen prexudicar o medio.

Localización: Preto da casa
Hora do día: Mañá
Duración: 4 horas, 4 veces ao ano

Organiza un intercambio de roupa de segunda man

Un grupo de amigos vai camiñando pola rúa con caixas e bolsas cheas de roupa e zapatos.
Unha persoa pásalle unha percha cunha camisa pendurada a outra.

Como organizar un intercambio de roupa

Renova o teu armario sen gastar diñeiro. Unha festa de intercambio de roupa de segunda man permíteche acceder a exclusivas pezas de roupa vintage que non atoparás nas tendas. Os intercambios de roupa reducen os residuos e fomentan a sostibilidade, xa que nos inspiran a reutilizar a roupa. Tamén che permiten coñecer xente nova, xa que é un xeito divertido de interactuar con persoas con intereses semellantes.

 

  • Mete a túa roupa usada en bolsas grandes. As caixas VATTENTRÅG son perfectas para organizala. Lembra levar accesorios, como as perchas TRYSSE.
  • Un taboleiro de notas FLÖNSA é moi útil para expor as xoias.
  • Pon a roupa nun colgadoiro para a porta ou en perchas, usa caixas de cartón para os zapatos e accesorios, e expón as xoias nun taboleiro de notas de cortiza con chinchetas para que sexa máis fácil velo todo.
  • Fala cos demais, descubre outras pezas de segunda man e goza do espírito comunitario ao intercambiar, explorar ou compartir historias sobre os distintos artigos.
  • Planea que facer coas cousas que sobren. Podes doalas ou gardalas para a seguinte festa de intercambio de roupa. Usa a bolsa GÖRSNYGG para transportalas.

Unha invitación para compartires as túas pezas de roupa favoritas

Convida os teus amigos a unha festa de intercambio de roupa. O primeiro paso é moi sinxelo: revisar os armarios para atopar pezas de roupa que lles poidan gustar a outros, metelas en bolsas GÖRSNYGG e levalas ao lugar elixido. As bolsas son grandes dabondo como para gardar diferentes cousas.

Unha persoa levando dúas bolsas xunto a unha parede con adornos coloridos.
Unha persoa intercambiando roupa entre unha bolsa de almacenaxe PÄRKLA e unha bolsa GÖRSNYGG.

Todo o que precisas para intercambiar roupa de segunda man por só 17,62€

Monta un encontro de intercambio de roupa por só 17,62€. Faite con todos os elementos básicos para crear un momento especial. Empeza por este sinxelo ritual diario.

Pendura as túas pezas dun colgadoiro e mostra o teu estilo

Fai que buscar pezas de roupa sexa máis sinxelo colgándoas en perchas BUMERANG ou TRYSSE. Despois, podes poñelas nun colgadoiro para a porta ENUDDEN. Os accesorios pódense fixar nun taboleiro de notas FLÖNSA para evitar que se perdan.

Unha persoa pásalle unha percha cunha camisa pendurada a outra.
Un taboleiro de notas con xoias fixadas con chinchetas.

Garda a roupa para o seguinte encontro

Se sobran algunhas pezas de roupa, méteas en bolsas e gárdaas para a seguinte ocasión.

Garda as túas pezas favoritas e lévaas a casa

Cando xa teñas intercambiado as túas pezas usadas por outras que che encanten, gárdaas en caixas VATTENTRÅG e bolsas GÖRSNYGG para levalas á casa facilmente. Ao día seguinte, poderás probar un novo look. 

Dúas persoas transportando bolsas GÖRSNYGG nun apartamento.
Unha persoa metendo uns zapatos en caixas VATTENTRÅG.
“
Rompín co meu armario para que outra persoa se namore del.
”

Daisuke@09.088416 en Instagram