Produtos retirados do mercado
IKEA anuncia unha ampliación da retirada do mercado para a reparación dalgúns espellos LETTAN, debido a que os herrajes de parede poderían romper.
IKEA insta a todos os clientes que posúan un espello LETTAN afectado a deixar de utilizalo e solicitar uns herrajes de parede de reposto de forma gratuíta. A seguridade dos clientes é o máis importante para IKEA.
Por iso, anunciamos a retirada do mercado de todos os espellos LETTAN con data de fabricación anterior á semana 5 do ano 2021 (incluída) e os espellos LETTAN con número de provedor 21944 e data de fabricación anterior á semana 25 do ano 2023 (incluída).
A data de fabricación e o número de provedor pódense atopar o a etiqueta da parte traseira do espello LETTAN. Este é unha etiqueta de exemplo co número de provedor (21944) e a data de fabricación (2152: fai referencia á semana 52 do ano 2021) destacados en vermello.
Visita www.ikea.com/es/ ou ponte en contacto con IKEA no 900 40 09 22 para solicitar o número necesario de ferraxes de reposto con número de artigo 139298/1.
Dende IKEA, desculpámonos polos inconvenientes que poida orixinar esta retirada para a reparación do produto afectado.
IKEA retira do mercado o FICUS Microcarpa Ginseng
IKEA insta a todos os clientes que mercaron un FICUS Microcarpa Ginseng con testos de 14 cm e 22 cm en España, con data posterior ao 1 de xaneiro do 2023, que se poñan en contacto con IKEA para recibir o seu reembolso completo sen necesidade de presentar unha proba de compra (tícket).
O cumprimento da regulación e dos propios estándares de calidade e de seguranza é unha prioridade para IKEA. Por iso, estamos tomando medidas preventivas ao retirar o FICUS Microcarpa Ginseng con testos de 14 cm e 22 cm debido á presenza de Meloidogyne, unha clase de nematodos (miocas), nas raíces. O Meloidogyne é un insecto en corentena, de acordo co regulamento da Unión Europea, aínda que a súa presenza non supón ningún risco de seguranza nin de saúde para os consumidores.
Os clientes que mercaron o FICUS Microcarpa Ginseng con testos de 14 cm e 22 cm, con data posterior ao 1 de xaneiro do 2023 (números de artigo 30432724 e 40432728), poden devolver o produto en calquera tenda IKEA e obter o seu reembolso completo sen necesidade de presentar unha proba de compra (tícket). Antes de transportala, pregámoslles aos consumidores que vaian realizar a devolución que introduzan a planta en dúas bolsas de plástico para reducir o risco de que o Meloidogyne se propague.
Para obter máis información, entra en www.IKEA.es ou chama ao teléfono gratuíto de IKEA: 900 40 09 22.
Dende IKEA, desculpámonos polos inconvenientes que poida orixinar esta retirada.
IKEA efectuará unha retirada do mercado do xogo de pesca multicolor BLÅVINGAD
IKEA insta a todos os clientes que estean en posesión dun xogo de pesca multicolor BLÅVINGAD a que deixen de empregalo e a que se poñan en contacto con IKEA para obter un reembolso completo.
Para IKEA, a seguridade é unha prioridade, polo que estamos a adoptar medidas de prevención e a efectuar unha retirada do mercado do xogo de pesca multicolor BLÅVINGAD debido á posibilidade de que se desprendan os pequenos remaches do xoguete, o que podería ocasionar perigo de asfixia.
IKEA leva a cabo unha avaliación de riscos e un programa de probas rigorosos cando desenvolve os seus produtos. Así, garante que cumpran a lexislación e as normas aplicables nos mercados onde se venden. Porén, decidiu retirar este produto a modo de prevención.
O xogo de pesca multicolor BLÅVINGAD pode devolverse en calquera tenda IKEA para gozar dun reembolso completo. Non é necesario presentar a proba de compra (é dicir, un tícket).
Para obter máis información, entra en www.ikea.com/es/es ou chama ao teléfono gratuíto de IKEA: 900 40 09 22
Dende IKEA, desculpámonos polos inconvenientes que poida orixinar esta retirada.
Retirada do mercado
Almondy procederá á retirada dunha cantidade limitada de tortas de améndoa Almondy con Daim en 400 g. Esta é unha medida preventiva, xa que non se produciu ningún incidente, debido a que se atopou un obxecto metálico na unidade.
Para Almondy, provedor de IKEA, a calidade e a seguranza dos produtos son as máximas prioridades. "Tomámonos moi en serio este incidente e, como medida preventiva, estamos a efectuar unha retirada do mercado dos produtos adquiridos nas tendas IKEA. Identificáronse as medidas que cómpre tomar para que isto non volva suceder", informa Margareta Johannesson, Quality Director de Almondy.
A retirada limítase á torta de améndoa Almondy con Daim de 400 g, dispoñible nas tendas IKEA, co lote número L2140 e o 18/11/2023 como data de caducidade.
Almondy insta aos consumidores que mercasen este produto en IKEA a que o devolvan na tenda onde o adquirisen para recibir un reembolso completo, ou ben a que contacten con Almondy a través de www.almondy.com.
Dende Almondy, desculpámonos por calquera inconveniente que poida causar a retirada.
IKEA retira do mercado a cadeira xiratoria ODGER de cor antracita, con data de fabricación anterior á semana 21 do ano 2022 (incluída)
IKEA insta todos os clientes que posúan unha cadeira xiratoria ODGER de cor antracita e con data de fabricación anterior á semana 21 do ano 2022 (incluída) a deixar de utilizala e a contactar con IKEA para devolvela e obter un reembolso íntegro.
A seguridade dos clientes sempre é o punto central para IKEA. Efectuamos controis de seguridade moi rigorosos aos nosos produtos. Por iso, IKEA retira do mercado a cadeira xiratoria ODGER de cor antracita, con data de fabricación anterior á semana 21 do ano 2022 (incluída), xa que existe o risco de a base de estrela da cadeira romper, co conseguinte perigo de caer.
IKEA insta todos os clientes que posúan unha cadeira xiratoria ODGER de cor antracita e con data de fabricación anterior á semana 21 do ano 2022 (incluída) a deixar de utilizala e a contactar con IKEA para devolvela e obter un reembolso íntegro. Non é necesario presentar a proba de compra (é dicir, un tícket).
O nome e a data de fabricación do produto encóntranse debaixo do asento, moldeados no material da cadeira.
Para obter máis información, entra en www.ikea.com/es/gl ou chama ao teléfono gratuíto de IKEA: 900 40 09 22.
Dende IKEA, desculpámonos polos inconvenientes que poida orixinar esta retirada.
IKEA retira do mercado as cafeteiras expresas METALLISK para placa de 0,4 l con válvula de seguridade de aceiro inoxidable con data de fabricación entre a semana 40 do ano 2020 e a semana 4 do ano 2022 e co número de identificación 19955.
IKEA pide a todos os clientes que adquirisen unha cafeteira expresa METALLISK para placa de 0,4 l con válvula de seguridade de aceiro inoxidable e data de fabricación entre a semana 40 do ano 2020 e a semana 4 do ano 2022 que deixen de utilizala, e que se poñan en contacto con IKEA para recibir o reembolso íntegro.
A seguridade é a máxima prioridade de IKEA. Por iso, imos retirar do mercado este produto, xa que existe certo risco de que se deteriore ou reaccione durante o uso. O risco débese a un cambio de material e construción da válvula de seguridade. Só se van retirar do mercado os produtos con válvula de seguridade de aceiro inoxidable (de cor gris/prateado), identificados co número 19955, con data de fabricación entre a semana 40 de 2020 e a semana 4 de 2022. Non se verá afectada por esta retirada ningunha outra unidade.
Poderanse devolver en calquera tenda IKEA para recibir un reembolso íntegro. Non é necesario presentar a proba de compra (é dicir, un tícket).
Para obter máis información, entra en www.ikea.com/es/es ou chama ao teléfono gratuíto de IKEA: 900400922.
Dende IKEA, desculpámonos polos inconvenientes que poida orixinar esta retirada.
IKEA retira do mercado pratos, cuncos e cuncas HEROISK e TALRIKA por risco de rotura
IKEA solicita aos clientes que deixen de empregar os pratos, os cuncos e as cuncas HEROISK e TALRIKA, e que contacten con IKEA para a súa devolución e reembolso.
Poderá realizarse en calquera tenda IKEA sen necesidade de presentar proba de compra (o tícket).
A seguridade é a prioridade de IKEA. Por iso, adopta medidas de precaución e retira do mercado os pratos, os cuncos e as cuncas HEROISK e TALRIKA porque poderían romper e causar queimaduras se o contido está demasiado quente.
Pódense levar os produtos HEROISK e TALRIKA a calquera tenda IKEA para a súa devolución e reembolso. Non é necesario presentar a proba de compra (o tícket).
Todos os produtos de IKEA sométense a probas e cumpren a lexislación e normas aplicables. Porén, IKEA recibiu informes sobre a rotura dos produtos e prefire proceder á súa retirada.
IKEA lamenta os inconvenientes que a retirada poida causar.
Para máis información, por favor, contacta connosco aquí.
IKEA pídelles aos seus clientes que devolvan a cunca portátil TROLIGTVIS se ten a marca “Made in India”
IKEA recomenda a todos os clientes que teñan unha cunca portátil TROLIGTVIS coa marca «Made in India» que deixen de empregala. Informes de probas recentes amosan que o produto desprende niveis de químicos que exceden os límites estabelecidos. Por este motivo, IKEA prega aos clientes que adquirisen a cunca portátil que a leven a calquera estabelecemento IKEA, onde lles será reembolsada a totalidade do seu importe.
Para IKEA, a seguridade dos seus produtos é unha prioridade de vital importancia. Todos os produtos IKEA son sometidos a probas continuas e deben cumprir cos estándares e normativas aplicables, así como cos nosos propios requisitos. Recentemente, IKEA recibiu os informes dunhas probas que amosan que a cunca podería desprender ftalato de dibutilo en niveis superiores aos regulamentarios. Hai moitos anos que IKEA prohibiu o uso de ftalatos nos produtos destinados a entrar en contacto con alimentos e, por ese motivo, decidiu paralizar a venda da cunca portátil durante a investigación. A investigación amosou que as cuncas portátiles coa marca «Made in India» na base poderían estar afectadas.
A cunca portátil TROLIGTVIS foi vendida en todo o mundo desde o seu lanzamento en outubro de 2019. Por este motivo, IKEA prégalles aos clientes que teñan no seu poder unha cunca portátil coa marca «Made in India» na base, que a leven a calquera estabelecemento IKEA, onde lles será reembolsada a totalidade do seu importe. Non é preciso presentar ningún xustificante de compra como o tícket. Para obter máis información, visita www.IKEA.es ou contacta con IKEA no teléfono gratuíto 900 400 922.
En IKEA lamentamos calquera inconveniente que esta retirada poida causarlle.
IKEA pide aos seus clientes que devolvan os babeiros infantís MATVRÅ azul e vermello por posible risco de desprendemento do botón de peche e asfixia no suposto de ser inxerido.
Solicita aos clientes que os leven á tenda para recibir un reembolso total ou substituílos por un produto similar, sen necesidade de presentar o recibo de compra. Trátase dunha medida preventiva tras sermos informados de dous casos en Noruega e o Reino Unido, que non precisaron de atención médica. Os babeiros MATVRÅ estampados con froitas e verduras en cores verde e amarela si son seguros, dado que tanto os materiais coma o deseño son distintos.
IKEA anuncia hoxe a retirada do paquete de dous babeiros en azul e vermello MATVRÅ tras detectar que existe o risco de que o botón de peche se desprenda do tecido ao tirar del ou mordelo e produza a asfixia se for inxerido.
A decisión foi tomada como medida preventiva tras recibir dous informes de casos en Noruega e o Reino Unido. En ningún caso foi precisa atención médica.
IKEA solicita aos seus clientes que devolvan o produto na tenda para recibir un reembolso total ou substituílos por un produto similar, sen necesidade de presentar o recibo de compra. Ademais, cancelou a súa produción e comercialización, que comezara o pasado mes de agosto.
“Fomos informados da existencia do risco de desprendemento do botón ao tirar del”, afirma Emelie Knoester, directora de Negocio en IKEA of Sweden. “A seguridade dos nosos clientes é a principal prioridade de IKEA, por iso decidimos retirar o paquete de babeiros infantís MATVRÅ azul/vermello de 2 pezas como prevención. Os babeiros co mesmo nome, MATVRÅ, cun estampado de froitas/verduras en verde/amarelo son seguros, posto que tanto os materiais coma o deseño son distintos”, conclúe.
En IKEA, a seguridade dos produtos é a principal prioridade. Por iso sometemos todos os nosos produtos a minuciosas probas internas e de terceiros para determinar se cumpren as normas e a lexislación aplicables en cada país, así como os nosos propios estándares de calidade. Todos os produtos cumpren coa lexislación e normativa aplicable en cada mercado no que IKEA está presente. En canto detectamos un posible risco, aínda que sexa mínimo, decidimos tomar medidas coma esta.
A compañía sente os inconvenientes que isto poida causar.
Máis información a través do servizo de Atención ao Cliente de IKEA no 900400922 (gratuíto)
IKEA retira a mesa de comedor extensible GLIVARP en branco por posible risco de caída do taboleiro de extensión.
27-11-2018
IKEA solicita aos clientes que compraran a mesa de comedor extensible GLIVARP de vidro esmerilado en branco que deixen de empregala e contacten con IKEA para a súa devolución ou substitución por outra similar.
IKEA recibiu dos clientes información sobre o posible risco de que o taboleiro de extensión da mesa de comedor extensible GLIVARP de vidro esmerilado (opaco) branco se desprenda das guías e caia.
IKEA solicita aos clientes que compraran unha mesa GLIVARP destas características que a traian á súa tenda IKEA para o seu reembolso ou substitución por outra similar. Non é necesario presentar o comprobante de compra.
Para IKEA a seguridade dos produtos é o máis importante. Todos os produtos próbanse e cumpren coa lexislación e normativa aplicable.
Pedimos desculpas polos inconvenientes que isto poida causar.
IKEA retira un lote de lámpadas de teito CALYPSO para evitar posibles riscos de caída
26-09-2018
IKEA solicita aos clientes que comprasen plafóns (lámpadas de teito) CALYPSO a partir do 1 de agosto de 2016 que comproben a data que aparece nelas e se se encontra entre o 20 de xuño de 2016 e o 30 de outubro de 2017, as devolvan a tenda. IKEA retira do mercado os plafóns CALYPSO para a súa substitución ou reembolso completo, sen necesidade de presentar o comprobante de compra.
IKEA recibiu información dos clientes sobre a caída de pantallas de vidro e, para minimizar os riscos, IKEA retira do mercado os plafóns CALYPSO fabricados entre as datas seguintes: (AASS) 1625 a 1744, ambas inclusive.
IKEA solicita aos clientes que compraran este produto, a partir do 1 de agosto de 2016, que comproben a data de fabricación que aparece indicada nel e, en caso de encontrarse entre o 20 de xuño de 2016 e o 30 de outubro de 2017, o devolvan en tenda para substituílo por outro novo ou para o seu total reembolso. En ningún caso será necesario presentar comprobante de compra.
Para IKEA, a seguridade dos produtos é algo moi serio. Sométense a probas todos os produtos para determinar se cumpren as normas e lexislación aplicables, así como os propios estándares de calidade. A pesar disto recibimos información sobre a caída das pantallas das lámpadas de teito CALYPSO. Para protexer aos clientes e evitar accidentes, IKEA retira do mercado os produtos para o seu total reembolso ou substitución dos produtos.
Indicacións para desmontar a lámpada con seguridade e encontrar a data de fabricación:
IKEA retira a bicicleta SLADDA por mor do risco de caída se a correa de transmisión rompe
24-05-2018
Un provedor de compoñentes consolidado informou a IKEA dun problema de seguridade coa correa de transmisión das bicicletas SLADDA, polo que aconsellou a retirada das devanditas bicicletas. A correa de transmisión pode romper inesperadamente, o que podería provocar caídas.
Por esta razón, IKEA solicitou a devolución de todas as bicicletas SLADDA. IKEA recibiu once informes de incidentes deste tipo, que provocaron dúas lesións leves en forma de hematomas e mazaduras.
Os clientes que posúan unha bicicleta SLADDA deben deixar de utilizala e proceder á súa devolución en calquera tenda IKEA, onde recibirán un reembolso do prezo íntegro do produto. Así mesmo, tamén se lles devolverá o importe correspondente de todos os accesorios deseñados especificamente para a bicicleta SLADDA que adquirisen. Non se require tícket de compra.
Para máis información, ponte en contacto co noso equipo de Atención ao Cliente no 900 400 922.
IKEA pide desculpas polas posibles molestias e desexa agradecer a todos os clientes a súa comprensión.
IKEA pide aos clientes que devolvan a placa de gas ELDSLÅGA para a súa reparación debido a que a emisión de monóxido de carbono (CO) supera os límites establecidos pola Unión Europea
Como medida de precaución, IKEA iniciou a retirada para a súa reparación de todas as placas de gas ELDSLÅGA adquiridas antes do 1 de xaneiro de 2018.
24-04-2018
Esta medida tómase tras unha investigación das autoridades belgas de supervisión do mercado. Para reparar esta incidencia, é necesario que un técnico acuda aos fogares nos que está instalada esta placa de gas. Este servizo é gratuíto.
Por mor dun erro humano do provedor, instalouse un inxector de gas incorrecto, que xera un volume de emisións de CO superior ao nivel esixido pola Unión Europea. O CO é un gas velenoso inodoro e insípido. Entre os síntomas da intoxicación por monóxido de carbono inclúense dor de cabeza, náuseas, mareos, fatiga e dor de estómago e, en casos moi extremos, pode chegar a producir a morte. A investigación demostra que o inxector incorrecto non aumenta o risco de incendio ou explosión. Non se rexistrou ningún incidente.
Prégase aos clientes que deixen de usar o queimador (fogón) rápido situado na esquina superior dereita, tal e como se mostra na imaxe, ata que se complete a reparación. O resto de queimadores son seguros. Para reparar esta incidencia, solicitamos aos clientes afectados que se poñan en contacto co noso equipo de Atención ao Cliente no 900 400 922 para solicitar unha cita co servizo técnico. Non se require tícket de compra. Faremos todo o posible para reducir ao mínimo o tempo de espera.
Os produtos afectados vendéronse en España, Suecia, Noruega, Dinamarca, Finlandia, Islandia, República Checa, Croacia, Lituania, Serbia, Rusia, Eslovaquia, Hungría, Polonia, Reino Unido, Irlanda, Italia, Portugal, Austria, Alemaña, Bélxica e Francia.
Pedimos desculpas polas molestias que isto poida causar.
IKEA retira GODIS PÅSKKYCKLING por mor dun problema na unidade de produción, como medida de precaución.
23-02-2018
IKEA retira GODIS PÅSKKYCKLING por mor dun problema na unidade de produción. Como medida de precaución, IKEA retirou todos os artigos GODIS PÅSKKYCKLING, unha bolsa de lambetadas de 100 g, por mor dun problema na unidade de produción.
A seguridade alimentaria é unha das principais prioridades en IKEA e queremos que os clientes saiban que só o produto GODIS PÅSKKYCKLING con datas de consumo preferente entre o 23 de outubro de 2018 e o 26 de xaneiro de 2019 se viu afectado por esta retirada. A data de consumo preferente aparece na parte traseira da bolsa de lambetadas.
Se ben só se tivo coñecemento dun único caso de posible contacto de produto cun axente externo á produción, como medida de prevención, IKEA decidiu retirar toda a partida con esas datas de consumo preferente. Os clientes poden devolver as bolsas de GODIS PÅSKKYCKLING con datas de consumo preferente entre o 23 de outubro de 2018 e 26 de xaneiro de 2019 na súa tenda IKEA máis próxima e reembolsaráselles integramente o importe sen necesidade de recibo.
A seguridade alimentaria e a calidade da produción son de suma importancia para IKEA e cremos que esta retirada é un paso necesario para cumprir cos nosos estándares.
Para máis información, ponte en contacto co noso equipo de Atención ao Cliente no 900 400 922.
IKEA pide desculpas polas posibles molestias e desexa agradecer a todos os clientes a súa comprensión.
IKEA retira do mercado a cadeira de praia MYSINGSÖ por mor do risco de caída ou atrapamento de dedos
24-01-2017
IKEA prega aos clientes que adquirisen unha cadeira de praia MYSINGSÖ antes de febreiro de 2017 que a devolvan en calquera tenda IKEA para recibir un reembolso do prezo íntegro do produto.
Tras lavar o asento de tea, é posible volver montar a cadeira de xeito incorrecto, co que poderían producirse caídas ou que os dedos quedasen atrapados. IKEA recibiu cinco informes de incidentes nos que a cadeira de praia MYSINGSÖ se pregou durante o uso xa que se volvera montar de xeito incorrecto.
En todos estes casos producíronse lesións nos dedos e requiriuse asistencia médica. Os incidentes aconteceron en Finlandia, Alemaña, os EUA, Dinamarca e Australia.
A seguridade dos produtos é unha prioridade para IKEA. Todos os nosos produtos deben cumprir a lexislación nacional e internacional, así como os estándares aplicables. A cadeira de praia MYSINGSÖ someteuse satisfactoriamente ás probas mecánicas, químicas e de tecido pertinentes. Tras a recepción dos informes, emprendeuse unha investigación completa. A raíz dela, logrouse un deseño mellorado que reduce aínda máis a posibilidade de volver montar incorrectamente a cadeira e, en consecuencia, o risco de lesións. A cadeira renovada estará dispoñible nas tendas IKEA a partir de febreiro de 2017. Non se require tícket de compra para percibir o reembolso íntegro.
Para máis información, ponte en contacto co servizo de Atención ao Cliente de IKEA no 900 400 922.
IKEA pide desculpas polas molestias que isto poida causar.
Exemplo de sitio mestre: IKEA retira do mercado as baquetas LATTJO e o tambor de lingüeta LATTJO por risco de asfixia
14-01-2016
IKEA prega aos clientes que comprasen baquetas LATTJO ou un tambor de lingüeta LATTJO que os devolvan en calquera tenda IKEA para recibir un reembolso do prezo íntegro do produto.
Esta é unha medida de precaución por mor de seis empregados de tendas IKEA que informaron de que a bóla de caucho das baquetas pode desprenderse ou desenroscarse. Estes xoguetes están recomendados para nenos maiores de seis anos. Non obstante, unha bóla de caucho solta podería atraer nenos de menor idade que, no peor dos casos, poderían atragoarse con ela. Non se rexistrou ningún incidente.
Os produtos foron probados para certificar que cumpren os pertinentes estándares de seguridade para xoguetes. Con todo, durante a nosa investigación posterior, identificamos riscos que os devanditos estándares non contemplan.
«Desenvolvemos produtos pensados para estimular a creatividade dos nenos e a súa necesidade natural de xogar. Os nenos non pensan na seguridade cando xogan, polo que temos que facelo nós ao desenvolver os produtos. A nosa filosofía en IKEA é que só vendemos produtos que dariamos aos nosos propios fillos. A pesar das probas satisfactorias que garanten o cumprimento dos pertinentes estándares de seguridade para xoguetes, como medida de precaución decidimos retirar as baquetas LATTJO e o tambor de lingüeta LATTJO para evitar calquera tipo de risco», afirma Cindy Andersen, directora da área de negocio de produtos infantís de IKEA.
As baquetas LATTJO e o tambor de lingüeta LATTJO vendéronse en todos os mercados de IKEA dende o 1 de novembro de 2015.
As baquetas LATTJO e o tambor de lingüeta LATTJO poden devolverse en calquera tenda IKEA para recibir un reembolso do prezo íntegro do produto. Non se require tícket de compra para percibir o reembolso íntegro. Para máis información entra en www.ikea.es ou ponte en contacto con IKEA no 900 400 922.
Produtos:
Tres pares de baquetas, n.º art. 103.102.57
Tambor de lingüeta, n.º art. 503.102.60
Exemplo de sitio mestre 3: IKEA retira a capa de morcego LATTJO por risco de estrangulamento ou lesións no colo
06-04-2016
IKEA prega aos clientes que adquirisen unha capa de morcego LATTJO que impidan inmediatamente que os nenos xoguen con ela e que a devolvan en calquera tenda IKEA, onde recibirán un reembolso completo.
IKEA retira do mercado as capas de morcego LATTJO tras coñecer que tres nenos sufriron rabuñaduras e pequenas lesións no colo mentres xogaban coas capas. A capa quedou enganchada e non se puido retirar do colo dos nenos con facilidade.
Non se notificou ningún caso que requirise asistencia médica, pero, en vista do risco de estrangulamento ou lesións no colo, IKEA tomou a precaución de retirar o produto das tendas. As capas de morcego LATTJO vendéronse en todos os mercados de IKEA, coa excepción de Rusia e Indonesia, dende novembro de 2015.
A capa de morcego LATTJO pode devolverse en calquera tenda IKEA para recibir un reembolso do prezo íntegro do produto. Non se require tícket de compra. Para máis información, ponte en contacto con IKEA no 900 400 922.
IKEA pide desculpas polas molestias que isto poida causar.