Saltar

Como podo obter información das vosas tendas IKEA?

Visita a túa tenda favorita e desfruta da experiencia.

Escolle a túa tenda IKEA ou punto de recollida para ver toda a información sobre horarios, enderezos e as novidades de túa tenda IKEA máis próxima. Tamén atoparás información sobre o noso restaurante e a tenda de alimentación sueca. 

En IKEA poñemos a túa disposición un parking gratuito. Atoparás prazas especiais para persoas con discapacidade e para familias. Tamén atoparás unha zona de carga xunto á porta de saída para facilitar a túa compra. 

No noso parking atoparás as prazas especiais preto da entrada reservadas para familias e na entrada da tenda atoparás a nosa sala de xogos, Småland, repleta de emocionantes aventuras para os máis pequenos, se queres saber máis preme aquí. Se polo contrario, apetécevos máis estar xuntos, podedes utilizar carriños para os máis pequenos. Durante o recorrido poderás atopar zonas de recreo para que mentres ti escolles e probas os produtos, eles pasen un rato agradable. 

O noso restaurante está especialmente pensado para a infancia. Atoparás dende ofertas especiais ata potiños para bebés, tronas, babeiros,  microondas... e outra zona de xogos para eles. Tamén tes a túa disposición unha sala de lactancia e cambio de cueiros. Todos estes servizos e facilidades son gratuitos, así que se a túa visita se alonga non tes por que preocuparte. 

Todas as tendas IKEA teñen prazas de aparcamento para visitantes con discapacidade, e tamén portas automáticas na entrada. Dentro da tenda ofrecemos cadeiras de rodas en préstamo xunto á entrada, tamén hai ascensor, baños adaptados e ramplas.

Ademais, ofrecemos uns armarios onde gardar as túas pertenzas se queres recorrer os nosos corredores máis a gusto e así centrarte en ideas coma encher o teu fogar da mellor inspiración sueca. 

Dende o 27 de abril de 2022 permítese o acceso das mascotas aos nosos centros IKEA (tendas, deseñas, tendas urbanas, etc.) Podes consultar aquí o regulamento.  

  • Circulación
  • Admisión de mascotas
  • Responsabilidade por danos.

Ademais, ofrecemos un servizo de préstamos de ferramentas que deben utilizarse dentro da tenda IKEA.

Todas as tendas IKEA son espazos libres de fumos na súa totalidade. 

Exactamente, que partes dos nosos artigos consideras insatisfactorias ou pouco útiles?

O texto non se entende ben

O texto non ten que ver coa miña pregunta

O texto ten que ver coa miña pregunta pero non é útil

O texto é demasiado longo ou demasiado curto

Grazas pola túa opinión!