Småland
Que é Småland?
Småland, o Bosque Encantado, é a nosa zona infantil que se encontra na entrada da tenda, onde os pequechos poden xogar e divertirse. Se os teus fillos son maiores de 3 anos e miden entre 95 e 124 cm, están convidados a gozar da piscina de bólas e dunha morea de actividades. É obrigatorio o uso de calcetíns.Canto duran as sesións?
Dispoñerás dunha hora para poder realizar as túas compras tranquilamente mentres os pequechos xogan nun espazo supervisado.Podo cambiar ou dar de comer o meu bebé?
En IKEA, poderás cambiar ou dar de comer o teu bebé con toda tranquilidade nunha sala especialmente habilitada para iso. Ademais, dispós de mesas para cambialo en todos os baños da tenda.Que tipo de actividades hai dispoñibles para os pequechos en Småland?
Temos moitos xoguetes imaxinativos e interactivos, incluída unha piscina de bólas. Tamén temos produtos para realizar actividades manuais e libros, así como xoguetes creativos.Tamén podes encontrar numerosas actividades que organizan as tendas IKEA. Selecciona a túa tenda IKEA para ver toda a información e as actividades para gozar cos teus fillos.