Perdín algo na tenda, como o recupero?
Perdiches algo nunha das nosas tendas? Queremos axudarte a recuperalo.
Todos os artigos que atopamos se rexistran na páxina web de iLost*. Podes buscar un obxecto perdido en IKEA con esta ferramenta.
Ten en conta que gardamos os obxectos que atopamos durante 30 días**.
*Cando te rexistras na súa web deberás aceptar a súa Política de Privacidade e iLost será responsable dos teus datos. Tamén podes acudir a túa tenda habitual para localizar un obxecto perdido sen necesidade de rexistrarte, acudindo ao mostrador de Atención ao Cliente.
**IKEA non se responsabiliza de perdas ou deterioros que afecten aos obxectos perdidos. IKEA poderá custodiar, no seu caso, os artigos perdidos durante un máximo de 30 días dende a data de perda do obxecto. Pasado ese prazo IKEA procederá a desfacerse dos artigos, sen que sexa posible reclamalos e sendo allea a calquera responsabilidade de custodia ou entrega.
Cres que foi útil?
Grazas pola túa opinión!
Exactamente, que partes dos nosos artigos consideras insatisfactorias ou pouco útiles?
O texto non se entende ben
O texto non ten que ver coa miña pregunta
O texto ten que ver coa miña pregunta pero non é útil
O texto é demasiado longo ou demasiado curto
O texto non se entende ben
O texto non ten que ver coa miña pregunta
O texto ten que ver coa miña pregunta pero non é útil
O texto é demasiado longo ou demasiado curto
Grazas pola túa opinión!
Non lle resultou útil o artigo? Proba cun dos artigos relacionados a continuación
Nas nosas tendas temos habilitada unha zona para reciclar todo aquelo que xa non precises e asegurarlle un bo destino.
Ler máisSi. Se fixeches a túa compra en IKEA España (península) – online, nunha tenda física ou a través do noso equipo de venda a distancia (teléfono ou chat) – podes devolvela nalgunhas tendas. Antes de acudir, debes comprobar na páxina local se a tenda acepta devolucións.
Ler máisEn IKEA poñémolo doado. Podes mercar online ou a través da nosa App, visitar a túa tenda máis próxima ou incluso facer un pedido por teléfono ou chat.
Ler máisTodos os produtos IKEA sométense a rigorosas probas antes de saír á venda. Con todo, se algo non funciona ben e detectas un problema de calidade co paso do tempo, tes un periodo de garantía ampliado para moitos produtos IKEA, ademais da garantía legal de tres anos da Unión Europea. Ten en conta a garantía do teu produto comeza o mesmo día de recepción do artigo. Para exercer o dereito de garantía é imprescindible o comprobante de compra.
Ler máisOs produtos mercados na sección "Tenda de segunda man", tanto online como en tenda (sección de oportunidades), NON se poden devolver segundo a política de devolución de 365 días de IKEA.
Ler máisPodes localizar a ubicación do artigo na páxina web e tamén na tenda
Ler máis