Saltar
Ir á lista de produtos

Smart Lighting

A iluminación é importante para o benestar. Sabémolo porque investigamos moito sobre a luz e sobre como aproveitala ao máximo no fogar. Por iso deseñamos produtos de iluminación intelixente listos para usar. Trátase de iluminación sen fíos que podes acender e apagar, regular a súa intensidade e axustar a cor, a temperatura e outras funcións dende calquera lugar da casa.

É moito máis doado con iluminación intelixente

Queres iluminar o teu fogar antes de erguerte da cama? Ou apagar todas as lámpadas cun só mando a distancia cando saias? Ou crear distintos ambientes coa iluminación e telos sempre dispoñibles ao instante no teu teléfono? Dámosche a benvida á iluminación intelixente.

Un armario PAX/GRIMO con iluminación para armarios YTBERG dun kit de iluminación YTBERG/TRÅDFRI á beira da porta de entrada a un dormitorio.
Unha muller tombada nunha cama premendo un mando a distancia TRÅDFRI que se encontra nunha mesa de noite branca.

Crea o ambiente perfecto en calquera momento do día coa iluminación intelixente

Crea o ambiente que queiras para calquera momento do día cunha ampla variedade de opcións de iluminación intelixente que se poden regular cun mando a distancia e coa aplicación IKEA Home smart. Achega un toque de estilo con iluminación intelixente integrada como as tiras de iluminación LED que poden iluminar tanto a parte inferior da túa cama como a cabeceira. Mostra a túa vaixela con focos LED que son doados de instalar nos teus armarios. A iluminación LED para mesados permíteche ver todo con claridade mentres preparas a comida. As tiras de iluminación LED para armarios emiten unha luz suave e agradable para que poidas ver as cores con claridade sen espertar a túa parella ás 7 da mañá. O sensor intelixente só acende a luz cando abres a porta do armario ou do vestiario.  Fai que a luz asuma todo o protagonismo con paneis de iluminación futuristas que achegan un toque moderno. Podes regulalos e cambiar dun ton cálido a un ton frío con só premer un botón ou a través do teléfono. Os kits de iluminación intelixente son doados de usar; o único que tes que facer é sincronizar as lámpadas intelixentes sen fíos cos reguladores de intensidade que se controlan con mando a distancia. Podes regular a iluminación sen fíos para adaptala a diferentes actividades. Ademais de ser regulables, podes escoller lámpadas intelixentes con 9 cores diferentes. Algúns kits inclúen enchufes intelixentes nos que podes conectar cafeteiras e outros electrodomésticos pequenos. Ademais dos mandos a distancia intelixentes, podes iluminar unha estancia con sensores de movemento sen fíos que che permiten axustar a intensidade nun 30% ou nun 100%.

Todas as opcións de iluminación intelixente empregan lámpadas LED de baixo consumo que usan menos enerxía e duran máis.  Acende as luces ao máximo cando o necesites e utiliza o regulador de intensidade cando queiras adaptar o ambiente para ocasións especiais, festas ou calquera noite de relax no sofá mentres escoitas música.

Dálle un toque especial ás túas veladas con solucións de iluminación personalizadas

Usa guías de iluminación LED para iluminar cunha luz brillante a cama con forma de coche de carreiras ou de nave espacial do teu fillo e usa o regulador de intensidade para que o teu pequeno quede durmido mentres lle les un conto. As tiras de iluminación LED colocadas no chan son moi prácticas e serven de luz nocturna para os teus pequenos. Tamén podes colocalas no teu dormitorio ou usalas para crear unha auténtica sala de cine na túa sala de estar ou soto.

Conecta a túa iluminación intelixente e crea o ambiente perfecto de inmediato

Os mandos a distancia pódense usar para controlar ata 10 lámpadas LED intelixentes ou paneis de iluminación. Usa o sensor de movemento para acender ou apagar automaticamente ata 10 fontes de luz. Para maior comodidade, podes configurar os sensores de movemento no modo de día ou de noite, e as luces apagaranse tras 3 minutos. Ademais, con IKEA Home smart, terás un control absoluto e non só das solucións de iluminación intelixente. Co teu teléfono ou a aplicación a través de Amazon Alexa, Apple HomeKit ou Google Home, podes controlar tamén os estores e os electrodomésticos pequenos. Obtén máis información sobre IKEA Home smart.

Utiliza iluminación intelixente segura e doada de instalar e de regular.

Estas luminarias LED intelixentes son perfectas para espazos reducidos e poden estar en contacto con teas, por exemplo, no dormitorio, posto que emiten moita menos calor ao tempo que consomen menos enerxía. A súa instalación é sinxela e non é necesario chamar a un electricista. Regula as luces ou apágaas e acéndeas con mandos a distancia ou a través do comando de voz ao vincular IKEA Home smart a outros dispositivos.