Fornos
Ordenar e filtrar
Lista de resultados
Categorías relacionadas
Contaches algunha vez as horas que pasas preparando a comida? Á mañá fas o almorzo. Os domingos á noite tócache preparar as friameiras coa comida para a semana. Ademais, fas pasteis cando hai festas ou preparas ceas deliciosas para as túas amizades. Sen dúbida, pasas moito tempo diante dos fogóns. Unha cociña que se utiliza moito merece artigos de calidade, xa sexan utensilios ou electrodomésticos. E un bo forno é esencial para todos os cociñeiros, independentemente do seu nivel de habilidade.
Dá igual se prefires un forno eléctrico, un modelo máis pequeno ou un forno encaixable que se integre coa decoración; atoparás unha gran diversidade na variedade IKEA. Moitos dos fornos ofrecen funcións intelixentes que che permitirán utilizar aínda máis a creatividade na cociña.
Se non tes claro que forno elixir, podes ler máis sobre os nosos produtos e as súas funcións deseguido.
Onde colocar un forno encaixable
Os fornos encaixables intégranse na decoración existente e dan un aspecto uniforme e elegante.
Se te decantaches por unha opción encaixable, tes que pensar onde o queres instalar. Hai moitas cociñas que teñen o forno alto. É unha opción ergonómica que che facilita a tarefa de meter e sacar a bandexa e os utensilios para o forno. Non terás que dobrarte nin agacharte para comprobar se está feita a comida.
Podes decidir poñer o forno debaixo do mesado. É un xeito de integrar o forno moi habitual; así, todas as actividades de cociñado quedan reunidas na mesma zona da cociña.
Funcións para sesións de cociña creativas e sinxelas
Os nosos fornos teñen diferentes vantaxes e funcións que simplificarán o cociñado e abraiarán aos teus convidados. En función da túa ambición na cociña, podes elixir se queres un forno co básico ou un que ofreza unha funcionalidade máis avanzada.
Para axudarte a elixir o forno axeitado, informámoste aquí das diferentes funcións que os nosos fornos poden ofrecer:
- Autolimpeza: unha función que simplifica a limpeza do forno. Os residuos de comida e graxa quéimanse ata quedar reducidos a cinzas, de modo que é máis doado eliminalos.
- Función de vapor: impide que se perda o sabor e os nutrientes, o cal fai a túa comida máis sa e saborosa. Un bo consello é utilizar o vapor para enfornar pan. Deste xeito, conseguirás unha codia tostada e crocante e un miolo suave e delicioso.
- Aire forzado con ventilador: moitos dos nosos fornos son de aire forzado. Isto axúdate a aforrar tempo na cociña, dado que che permite preparar varios pratos a un tempo.
- Termómetro integrado: un sensor de temperatura axúdate a cociñar á perfección o asado do domingo.
Un microondas que combina co teu forno novo
Temos unha selección de microondas que combinan cos nosos fornos; un complemento perfecto para cando teñas máis présa. Busca o microondas que combina co estilo do teu forno aquí.