Saltar
Máis de FINSMAKARE serie

FINSMAKARE Forno aire forzado func vapor/piro, IKEA 700 negro

999€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
FINSMAKARE
504.117.30

Este forno gañou o premio Red Dot Design Award, é espazoso e autolimpable e conta con control táctil. A cocción ao vapor permíteche obter pratos saborosos e ricos en substancias nutritivas. A xogo co microondas combi FINSMAKARE.

Características do produto
  • 5 ano de garantía

Máis información
FINSMAKARE Forno aire forzado func vapor/piro, IKEA 700 negro

Opinións dos clientes

4.5Recensión: 4.5 de 5 estrelas. Revisións totais: 24Valoración media
24Opinións
4.5Recensión: 4.5 de 5 estrelas. Revisións totais: 24Valoración media
24Opinións

Accesorios para FINSMAKARE

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Cociña moderna con dobre forno negro, armarios de madeira, unha mesa branca e unha xanela.

Electrodomésticos de cociña para todo o mundo

Como podemos ser de axuda na cociña, sen estarmos contigo na cociña? Pois podemos crear electrodomésticos de gran calidade a un prezo que che deixe marxe para mercar ingredientes tamén de calidade. Para isto, traballamos da man de fornecedores escollidos coidadosamente. Expertos que son os mellores no seu eido e que lle dan ao público todo o que necesita no seu día a día. Isto nos permite ofrecer cociñas totalmente equipadas e funcionais, con electrodomésticos e todo o que necesitas nun mesmo sitio.

Crear cousas de calidade é moito máis sinxelo cando traballas en equipo. E cando o fas habendo confianza e entendemento polo medio, convértese nunha actividade divertida e interesante.

Momentos de sorpresa durante os traballos

Bruno Lizotte traballa no desenvolvemento de produtos en IKEA of Sweden, en Älmhult, e conta que os electrodomésticos de cociña son deseñados en presencia dos fornecedores. "Temos moita experiencia no que atinxe a vida na casa, así que compartimos as nosas ideas e coñecementos para os fornecedores veren as cousas desde a nosa perspectiva. Despois, as dúas partes encontramos solucións para mellorar a experiencia na cociña", explica. Pola súa vez, os fornecedores contribúen coa súa perspectiva, por exemplo, con datos concretos sobre os materiais, solucións técnicas e innovacións que están a elaborar. "Ser xenerosos permítenos aprender mutuamente. É unha forma de retar as vellas verdades sobre como se supón que hai que facer as cousas. E normalmente tamén leva a un par de momentos de sorpresa para todas as persoas presentes", matiza Bruno.

Coñecemento visitando casas

Parte dos coñecementos que compartimos provén das visitas que IKEA fai ás casas. É unha maneira de ver como as persoas de distintas culturas viven e xestionan os altos e baixos dos seus fogares. Por exemplo, preguntámoslles: ademais de cociñar, que outras cousas facedes na cociña? Como utilizades os espazos? Recibides visitas con frecuencia? Que vos gustaría mellorar? Cales son as vosas esperanzas, soños e desexos? "Transmitímoslle as conclusións que extraemos das visitas ás persoas coas que traballamos para deseñarmos mellores produtos conxuntamente e facilitarmos de paso a vida doméstica", di Bruno.

Un día a día máis sinxelo no corazón da casa

Uns electrodomésticos de calidade deberían adaptarse ao resto da cociña e ás persoas que os utilizan. Todo o mundo ten necesidades, gustos e economías distintas. Algunhas persoas cociñamos porque nos gusta, outras porque teñen que comer. Por iso, durante o proceso de creación, unha boa parte do tempo vai destinado a crear unha selección de produtos duradeiros, pero con distintos estilos, funcións e prezos. E a calidade sempre é o tema central. Implica facer moitos retoques, probar ideas e escoller as que son de maior axuda para as persoas. "A unión e o entusiasmo son para nós palabras importantes no tocante ao deseño de produtos. En resumo, implica traballar con persoas que cren no mesmo que nós, pero tamén respectar os esforzos dos demais. Cando conseguimos vivir conforme a iso, podemos marcar unha auténtica diferenza e facilitarlle a vida a moitas persoas. É algo ao que realmente aspiramos", di Bruno.

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de FINSMAKARE serie