Saltar
Máis de Serie SPJUTBO

SPJUTBO Forno de convección, función grella negro/IKEA 300

299€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
SPJUTBO
806.002.44

O aliado perfecto para aforrar tempo cando tes moitas bocas que alimentar. Este forno distribúe a calor rápida e uniformemente para cociñar dous pratos ao mesmo tempo. A estrutura metálica e a porta de vidro afumado danlle un toque impecable.

Características do produto
  • 5 ano de garantía

Máis información
SPJUTBO Forno de convección, función grella negro/IKEA 300

Opinións dos clientes

3.3Recensión: 3.3 de 5 estrelas. Revisións totais: 18Valoración media
18Opinións
3.3Recensión: 3.3 de 5 estrelas. Revisións totais: 18Valoración media
18Opinións

Accesorios para SPJUTBO

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Portas de forno para unha cociña máis segura

Esta é a historia sobre como dúas manciñas pequenas nos levaron a refacer todas as portas dos nosos fornos, a pesar de elas axustárense á normativa europea. Porén, a seguridade é e será sempre a nosa prioridade, en especial no tocante aos e ás máis pequenas da casa. É por iso que decidimos fixar uns novos requisitos máis estritos no relativo ás temperaturas máximas que pode alcanzar a parte externa das portas dos nosos fornos.

"Todo comezou cando recibimos un informe sobre un neno pequeno que queimou as mans cando as pousou nunha porta dun dos nosos fornos", di Indumathi Vasudevan, que traballa na seguridade dos nosos electrodomésticos.

Os nenos tardan máis tempo en reaccionar á calor

A porta do forno cumpría todos os requisitos de seguridade e a temperatura exterior era mesmo inferior á esixida pola normativa europea. Porén, Indumathi asegurouse de que o laboratorio de probas examinase a porta con atención. É posible que presentase algún defecto ou problema? "Non, todo estaba ben. O que pasa é que os e as nenas pequenas teñen menos reflexos cós adultos e non sempre reaccionan á calor coa mesma rapidez. Por iso o neno mantivo as mans pousadas no cristal durante tanto tempo". O accidente semellaba ser un suceso illado, pero o equipo quixo reducir a temperatura que podía atanguer o exterior das portas dos fornos.

Requisitos de seguridade máis esixentes

Coa axuda dos nosos fornecedores, solucionamos o problema aumentando o número de camadas de vidro, utilizando un revestimento que illase mellor a calor e, nalgúns casos, engrosando o cristal. "Deste xeito, demos reducido a temperatura ata cumprir cos nosos novos e máis estritos requisitos. Mais tamén fixo que tivésemos que redeseñar e actualizar os fornos da nosa gama". Non foi difícil convencer a todas as persoas implicadas en que isto era o correcto. "Foi estupendo investir tempo e recursos en minimizar o risco de accidentes que poidan sufrir os e as nenas máis curiosos. Agora a cociña é un lugar máis seguro para todo o mundo, sen custo adicional para ti, como cliente".

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Serie SPJUTBO