Como conseguilo
5 ano de garantía
Este forno ten un interior amplo, conta con numerosas opcións, como a de autolimpeza, e pode cociñar varios pratos á vez. Grazas ao control táctil, é moi sinxelo de usar. Combina á perfección cos electrodomésticos KULINARISK.
Detalles do produto
5 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
O sistema de convección por aire forzado distribúe a calor de xeito rápido e uniforme, o que permite cociñar varios pratos á vez sen que se mesturen os sabores.
A función de autolimpieza do forno transforma a graxa e os restos de comida en cinzas fáciles de eliminar.
Grazas aos dous xogos de guías telescópicas totalmente extraíbles é máis sinxelo e seguro inserir e extraer os recipientes do forno.
Incorpora un termómetro para carne con sensor que permite cociñar ao momento calquera tipo de carne sen deber controlar a cocción.
Os programas de cociña preconfigurados permiten elixir os parámetros adecuados para cada receita e alimento.
Na memoria do forno podes gardar e actualizar as túas receitas favoritas, así como a temperatura e o tempo de cocción de cada unha.
Forno de gran capacidade con 5 niveis de cocción, que se adaptan a todas as túas receitas.
Grazas á pantalla táctil, o forno é fácil de usar e limpar.
Ten calor por arriba e por abaixo, por iso é ideal para cociñar pratos con un toque crocante ou facer guisos a lume lento.
Poderás elixir a función de grella máis axeitada para cociñar carne e verduras cortadas en rodas finas ou para gratinar pratos.
A función de turbo grella permite dourar, gratinar e cociñar ao momento xusto a carne e os pratos abundantes.
A función especial para pastelaría produce unha calor uniforme, ideal para as galletas e biscoitos quedaren esponxosos.
A función de enfornado de pan e pizza permite douralos intensamente mantendo a base crujiente.
A función de quecemento permite manter quente a comida sen que se faga en exceso ou queime.
A función de precalentamiento rápido quenta o forno en pouco tempo.
Grazas aos programas especiais que inclúe, podes controlar a subida da masa antes de enfornala, secar e conservar alimentos ou esterilizar recipientes.
É moi fácil de limpar, xa que a superficie de aceiro inoxidable leva un tratamento antipegadas dactilares.
A porta con vidro cuádruplo termoaislante e peche de seguridade a proba de nenos aumenta a seguridade na cociña.
Fácil de instalar nun armario baixo ou alto, a unha altura cómoda.
IKEA of Sweden
Información técnica
KULINARISK
Forno aire forzado&f pirolítica, IKEA 700 ac inox
Número de artigo704.210.59Nome de marca | IKEA |
Referencia de modelo | 70421059 |
Índice de eficiencia enerxética | 81,2 kWh |
Clase de eficiencia enerxética por cada cavidade | A+ |
Consumo de enerxía por ciclo por cavidade (Convencional) | 0,93 kWh/ciclo |
Consumo de enerxía por ciclo para cada cavidade (convección forzada do ventilador) | 0,69 kWh/ciclo |
Número de cavidades | 1 |
Fonte de calor por cavidade | |
Volume de cada cavidade | 72 L |
Medicións
- Ancho: 59.4 cm
- fondo: 56.7 cm
- Altura: 58.9 cm
- Volume: 72 l
- peso: 39.10 kg
- lonxitude do cable: 150.0 cm
Opinións dos clientes
Atopa o teu electrodoméstico perfecto!
Descubre a Guía de electrodomésticos IKEA, pensada para axudarte a atopar o electrodoméstico perfecto. Responde a unhas poucas preguntas sinxelas e guiarémoste ata o forno, frigorífico ou calquera outro electrodoméstico ideal para a túa casa. Comeza o proceso e escolle facilmente!

Electrodomésticos de cociña para todo o mundo
Como podemos ser de axuda na cociña, sen estarmos contigo na cociña? Pois podemos crear electrodomésticos de gran calidade a un prezo que che deixe marxe para mercar ingredientes tamén de calidade. Para isto, traballamos da man de fornecedores escollidos coidadosamente. Expertos que son os mellores no seu eido e que lle dan ao público todo o que necesita no seu día a día. Isto nos permite ofrecer cociñas totalmente equipadas e funcionais, con electrodomésticos e todo o que necesitas nun mesmo sitio.
Crear cousas de calidade é moito máis sinxelo cando traballas en equipo. E cando o fas habendo confianza e entendemento polo medio, convértese nunha actividade divertida e interesante.
Momentos de sorpresa durante os traballos
Bruno Lizotte traballa no desenvolvemento de produtos en IKEA of Sweden, en Älmhult, e conta que os electrodomésticos de cociña son deseñados en presencia dos fornecedores. "Temos moita experiencia no que atinxe a vida na casa, así que compartimos as nosas ideas e coñecementos para os fornecedores veren as cousas desde a nosa perspectiva. Despois, as dúas partes encontramos solucións para mellorar a experiencia na cociña", explica. Pola súa vez, os fornecedores contribúen coa súa perspectiva, por exemplo, con datos concretos sobre os materiais, solucións técnicas e innovacións que están a elaborar. "Ser xenerosos permítenos aprender mutuamente. É unha forma de retar as vellas verdades sobre como se supón que hai que facer as cousas. E normalmente tamén leva a un par de momentos de sorpresa para todas as persoas presentes", matiza Bruno.
Coñecemento visitando casas
Parte dos coñecementos que compartimos provén das visitas que IKEA fai ás casas. É unha maneira de ver como as persoas de distintas culturas viven e xestionan os altos e baixos dos seus fogares. Por exemplo, preguntámoslles: ademais de cociñar, que outras cousas facedes na cociña? Como utilizades os espazos? Recibides visitas con frecuencia? Que vos gustaría mellorar? Cales son as vosas esperanzas, soños e desexos? "Transmitímoslle as conclusións que extraemos das visitas ás persoas coas que traballamos para deseñarmos mellores produtos conxuntamente e facilitarmos de paso a vida doméstica", di Bruno.
Un día a día máis sinxelo no corazón da casa
Uns electrodomésticos de calidade deberían adaptarse ao resto da cociña e ás persoas que os utilizan. Todo o mundo ten necesidades, gustos e economías distintas. Algunhas persoas cociñamos porque nos gusta, outras porque teñen que comer. Por iso, durante o proceso de creación, unha boa parte do tempo vai destinado a crear unha selección de produtos duradeiros, pero con distintos estilos, funcións e prezos. E a calidade sempre é o tema central. Implica facer moitos retoques, probar ideas e escoller as que son de maior axuda para as persoas. "A unión e o entusiasmo son para nós palabras importantes no tocante ao deseño de produtos. En resumo, implica traballar con persoas que cren no mesmo que nós, pero tamén respectar os esforzos dos demais. Cando conseguimos vivir conforme a iso, podemos marcar unha auténtica diferenza e facilitarlle a vida a moitas persoas. É algo ao que realmente aspiramos", di Bruno.