Saltar

Empeza a volta ás clases dende cero

Comeza a túa aventura universitaria da mellor maneira, tanto se te mudas a unha residencia de estudantes como se é o teu primeiro apartamento. Algunhas cousas non cambian: un espazo de estudo cómodo, unha cama acolledora, solucións de almacenaxe prácticas e varias solucións para manter a concentración á hora de estudar. Bota unha ollada a algúns produtos básicos e inspírate para preparar as túas cousas para a universidade.  

Un dormitorio universitario cunha cadeira xiratoria KRYLBO en beixe escuro feita de Tonerud, en fronte dun escritorio de altura axustable.

Introdución á organización dos dormitorios universitarios

Non subestimes a utilidade das caixas, por grandes ou pequenas que sexan. As caixas SKUBB encaixan á perfección nas cómodas STORKLINTA, para que as pezas e os accesorios estean sempre no seu lugar. Coas tampas e caixas SAMLA, podes reservar un lugar específico para os obxectos máis grandes, de modo que estean protexidos e resulte sinxelo apartalos. A bolsa de almacenaxe PÄRKLA é lixeira, discreta e doada de transportar; así, os días de bogada fanse máis levadíos.

A complexa vida dun escritorio de dormitorio universitario

De súpeto, o escritorio onde estudas é tamén unha mesa de comedor ou un toucador. Mesmo pode que sirva de mesa de traballo para un proxecto que tes entre mans. Xa nos entendes. O escritorio elevable TRAVSPORT permíteche cambiar de postura con só premer un botón. Ademais, cun taboleiro perforado SKÅDIS, é sinxelo que o escritorio estea ordenado, sobre todo se o combinas cos recipientes, andeis e soportes que che fagan falla.

Deseña o teu novo fogar peza a peza

Prepárate para socializar

Non che soa familiar a típica frase "Coñecémonos na universidade"? Ti deixa a porta aberta, e a ver que pasa! Pero, antes diso, fai que a túa cama se converta nun espazo que convide a sentar. As fundas de coxín SANELA son aveludadas, duradeiras e doadas de limpar. Grazas ao seu práctico deseño pregable, a mesa auxiliar IKEA PS estará lista en canto a precises.

 

Os altofalantes Bluetooth KULGLASS axúdanche a establecer a escena que procuras, con iluminación suave e melodías ideais para coñecer xente. E, se che sobra un xogo de servir SPJUTLILJA, sempre terás todo o necesario para ofrecer té ou refeccións a calquera persoa que pase polo teu dormitorio.

Consellos e ideas para crear o espazo óptimo onde estudar