Saltar

Oficina doméstica: Optimiza a produtividade e o confort

Crea un espazo con funcións específicas que che axuden a concentrarte e a ser eficiente coa nosa ampla variedade de solucións para oficinas domésticas e espazos de traballo. Non importa se precisas un espazo profesional a tempo completo ou unha zona flexible para realizar tarefas esporádicas: temos mobles intelixentes, ergonómicos e cheos de estilo deseñados para aumentar a túa produtividade e a túa comodidade. Explora a nosa colección de versátiles mesas, cadeiras de oficina con apoio, sistemas de almacenaxe intelixentes para que todo o que precises estea organizado e iluminación de ambiente para reducir a fatiga visual. Transforma calquera recanto ou cuarto nun espazo de traballo funcional e acolledor que se adapte a ti.  

Un apartamento cun escritorio e unha cadeira de oficina SMÖRKULL no fondo, un xogo de comedor diante e un sofá en gris claro ao lado.

Pasa da electrónica para o fogar á electrónica para os mobles do fogar

Ilumina o teu fogar e éncheo das mellores cancións! Coa nosa nova e mellorada serie de lámpadas intelixentes e altofalantes bluetooth, elaborados nunha colaboración chea de cor coa deseñadora Tekla Evelina Severin, non che resultará complicado atopar unha combinación de funcionalidade e estilo que encaixe contigo. Contan coa incrible función Spotify Tap —un botón que, cun simple toque, permite retomar a escoita onde a deixaches por última vez, e se o premes outra vez, ofréceche unha recomendación—, polo que nunca fora tan doado gozar dunha banda sonora á medida no teu santuario.

Un divertido pedestal de lámpadas intelixentes e altofalantes bluetooth KULGLASS e SOLSKYDD, xunto cunha lámpada FADO.

Pasa da electrónica para o fogar á electrónica para os mobles do fogar

Ilumina o teu fogar e éncheo das mellores cancións! Coa nosa nova e mellorada serie de lámpadas intelixentes e altofalantes bluetooth, elaborados nunha colaboración chea de cor coa deseñadora Tekla Evelina Severin, non che resultará complicado atopar unha combinación de funcionalidade e estilo que encaixe contigo. Contan coa incrible función Spotify Tap —un botón que, cun simple toque, permite retomar a escoita onde a deixaches por última vez, e se o premes outra vez, ofréceche unha recomendación—, polo que nunca fora tan doado gozar dunha banda sonora á medida no teu santuario.

Un todo terreo humilde que se adapta a calquera lugar

O taboleiro de madeira clara e maciza de piñeiro, a estrutura en forma de cruz allea ao paso do tempo e os detalles meticulosos do escritorio BOLLPOJKE acentúan o seu carácter tradicional. O andel aberto que hai debaixo do taboleiro mantén os obxectos que utilizas con máis frecuencia ao alcance da man, mentres que a organización de cables discreta axuda a manter a orde. Trátase dun escritorio compacto que encaixa na maioría dos fogares con pouco espazo, xa sexa pola súa conta ou en combinación con series como HAVSTA ou HEMNES.

Como crear o teu propio escritorio

Combina taboleiros, cabaletes ou patas como queiras para crear o escritorio que mellor encaixe contigo. Podes facelo rechamante ou minimalista, ou ben configuralo para maximizar a almacenaxe: ti elixes. Non sabes por onde comezar? Axudarémosche a deseñar unha configuración que sexa útil a longo prazo.

Seis ideas para crear o teu escritorio persoal

Series para xogar, estudar e traballar

Serie KALLAX: Estantes versátiles, un escritorio para estudar e accesorios cun estilo moderno e funcional.
Sistema MITTZON: Transformación de espazos de traballo en centros de benestar e flexibilidade.
Serie de espazo de traballo HEMNES: Beleza de estilo tradicional que dura, feita de madeira maciza
Sistema TROTTEN: Concentración e colaboración con mobles de oficina versátiles e adaptables
Serie ALEX: unha serie para quen quere ter a vida organizada
Sistema IDÅSEN: almacenaxe de oficina e escritorios axustables en aceiro lacado e con detalles elegantes

Montaxe

Un servizo profesional, no fogar ou no traballo

Máis información

Planificación e asesoramento

Asesoramento personalizado facilitado por especialistas

Máis información

Decoración do fogar

Axuda co deseño de interiores

Opcións de pagamento

Como pagar, na tenda e mais en Internet

Máis información

Máis ideas e inspiración para unha oficina doméstica