Recibidor: Crea unha entrada acolledora con almacenaxe intelixente
O recibidor é máis que un lugar de paso: é a primeira impresión do teu fogar e un espazo moi importante para a organización do día a día. Explora a nosa extensa variedade de solucións prácticas e cheas de estilo para recibidores, deseñadas para axudarche a crear unha entrada acolledora e ordenada. Atoparás todo o que precisas, xa sexan colgadoiros e zapateiros prácticos, espellos decorativos ou cómodos bancos, para maximizar o espazo, aumentar a funcionalidade e establecer o ton ideal para o teu fogar. Entra e sal sen preocuparte de nada cosas nosas inspiradoras ideas.

Recibidores destacados
Almacenaxe no recibidor para todas as estacións!
Dá igual o tempo que faga fóra ou en que momento do ano te atopes: o polifacético colgadoiro e banco con zapateiro NIPÅSEN asegurarase de que a roupa de exterior de toda a familia estea presentable. Dispón de numerosas funcións versátiles, como ganchos dobres e triplos a diferentes alturas, e un andel inferior con espazo para oito pares de zapatos. Engade varias cestas e caixas de almacenaxe ao andel para cousas pequenas, e gozarás de almacenaxe no recibidor co que poucas persoas poderán competir.
Sistemas e series de almacenaxe para un estilo a xogo no recibidor
Podes elixir mobles dun sistema ou serie para que todo combine.
Merca produtos para un fogar máis sostible
Decoración do fogar
Axuda co deseño de interiores





















