Saltar

Ideas de comedor para o día a día

O comedor é a parte da casa onde acontece todo: as comidas, os deberes, as conversas máis interesantes. Se tes un espazo enorme ou un recuncho acolledor, temos ideas para adaptar o comedor ás túas necesidades.

Descubre ideas intelixentes para o comedor, consellos para aforrar espazo e formas fáciles de crear un sitio onde todas as persoas queiran estar. Fagamos que o teu comedor sexa máis acolledor.

Unha zona de comedor onde hai unha mesa extensible ÅLHULT en beixe/marrón cun banco nun lado e dúas cadeiras con asentos acolchados no outro.

A serie GRÖTÅN: madeira tradicional e comodidade moderna

Presentámosche o noso novo dúo favorito: a mesa GRÖTÅN e as cadeiras a xogo ofrecen unha solución de comedor resistente e de estética tradicional. O taboleiro transmite a calidez e sensación de calidade da madeira maciza, mentres que a estrutura inferior e as patas metálicas achegan unha grande estabilidade. Ademais, está dispoñible en dous tamaños, polo que é ideal para cuartos grandes ou pequenos. A cadeira cun respaldo de madeira maciza, pintado e lacado para destacar as veas, realza o encanto. A madeira maciza mellora co paso do tempo, mentres que a estilizada estrutura inferior metálica achega resistencia de forma discreta. O asento tapizado é tan cómodo que non descartamos que o brunch se alongue ata a merenda. E se cae algo de café? Só tes que quitar a funda e metela na lavadora. Estilo clásico, durabilidade moderna e comodidade accesible que se nota desde o primeiro día: só tes que coller unha cadeira para sentirte como en casa.

Madeira clara ou escura: hai unha serie de comedor para cada persoa

Nós creamos a escena; ti achegas a chispa

Prepara a mesa para comer, rir e contar historias cunha mesa redonda VIHALS atemporal e pratos de porcelana IKEA 365+, resistentes dabondo como para aguantar cada bocado, cada raspadura e cada segunda ración. O único que falta por engadir son unhas deliciosas albóndegas de proteína vexetal HUVUDROLL e un chisco de picante.

Un banquete á mexicana nunha mesa redonda VIHALS branca con pratos IKEA 365+ brancos e vasos transparentes de efecto ondulado KLIPPLAX.
Hai tacos e albóndegas de proteína vexetal HUVUDROLL en pratos e cuncos IKEA 365+ brancos de estilo atemporal.

Quen inventou o de non poñer os cóbados sobre a mesa? Dende logo, non foi este xogo de comedor.

A mesa e as cadeiras VIHALS ofrecen espazo para todas as persoas, mesmo en zonas reducidas, porque non se pode renunciar á boa comida (nin á boa compañía). E como os condimentos e utensilios de cociña quedan na parede, hai máis espazo na mesa para o que de verdade importa.

Unha mesa VIHALS branca posta cunha vaixela verde, cunha cadeira arredor, con andeis organizados na parede, nun cuarto luminoso.
Unha mesa VIHALS branca con dúas cadeiras arredor, situada nunha luminosa cociña con adornos e taboleiros perforados SKÅDIS.

Planificación e consulta

Asesoramento personalizado facilitado por especialistas

Máis información

Opcións de pagamento

Como pagar, na tenda e mais en Internet

Máis información

Entrega e retirada

Adeus ao vello para abrir camiño ao novo

Máis información

Montaxe

Un servizo profesional, no fogar ou no traballo

Máis información

Máis ideas e inspiración para o comedor