Saltar

Cuartos infantís: Espazos divertidos, seguros e inspiradores para xogar, aprender e crecer

Descubre a nosa ampla variedade de mobles e accesorios para cuartos infantís, deseñados con coidado para deixar voar a imaxinación e contribuír ao desenvolvemento. Divertidas camas, solucións de almacenaxe intelixente, tecidos coloridos, iluminación segura... Temos todo o que precisas para crear un espazo máxico e funcional para os máis pequechos. Explora pezas duradeiras e versátiles que crecen cos máis pequenos para asegurarte de que no seu cuarto sempre haxa un sitio onde xogar, aprender e soñar. Crea un espazo no que poidan mostrarse tal e como son.

Un cuarto infantil cheo de xoguetes cun sistema de almacenaxe TROFAST ao longo dunha parede negra; á dereita hai unha cama SLÄKT.

Todo listo para abrir as portas do teu fogar á diversión?

Descubre a colección GREJSIMOJS, que inclúe lámpadas-xirafa, fundas de cadeira peludas e pufs con dentes, todo deseñado co sentido do humor como prioridade. Así que atrévete, fai algo de ruído e provoca a risa. Todas as persoas deberían xogar. 

O teu fillo ou a túa filla están preparados para unha cama "grande"?

Chegou o momento de cambiar o colchón! Ademais de estar fabricados con materiais de alta calidade e de cumprir as normas de seguranza máis esixentes, os nosos colchóns infantís proporcionan comodidade ventilada e un soporte agradable aos corpos dos mozos en crecemento. Son fáciles de manter limpos e frescos, e probáronse para garantir que poidan soportar o peor. E, se buscas unha opción máis duradeira e agradable para o teu peto, un colchón (e unha cama) extensible pode adaptarse con facilidade aos estiróns típicos de mozos e mozas.

Máis información

Axuda a salvar os animais silvestres

Por cada peluche que merques entre o 13 de outubro e o 30 de novembro, IKEA doará 1 € á organización sen ánimo de lucro SEO/BirdLife e ao seu importante labor de dar un futuro aos animais en perigo de extinción.

Xuntos, podemos marcar a diferenza.

Máis información

Mobles coordinados para cuartos infantís e moito máis

Cos nosos sistemas e series de mobles infantís, non custa nada conseguir un aspecto a xogo.

Serie LILLABO: o noso tren de xoguete é ideal para espertar a imaxinación dos cativos (e a dos seus pais)
Sistema TROFAST: Almacenaxe doada de usar con caixas e moito máis que encaixan en estruturas resistentes
Sistema SMÅSTAD: Almacenaxe intuitiva para os máis pequenos e fácil de adaptar conforme van medrando
Serie ÄLSKVÄRD: Mobles de bebé versátiles e duradeiros cun estilo atemporal escandinavo
Serie MAMMUT: Mobles infantís divertidos, coloridos e resistentes
Serie SLÄKT: Mobles prácticos de dormitorio que medran cos máis pequenos

Montaxe

Un servizo profesional, no fogar ou no traballo

Máis información

Planificación e asesoramento

Asesoramento personalizado facilitado por especialistas

Máis información

Decoración do fogar

Axuda co deseño de interiores

Opcións de pagamento

Como pagar, na tenda e mais en Internet

Máis información

Velaquí máis ideas inspiradoras para bebés e nenos