Saltar

Un dormitorio xuvenil onde pasar o día

Cunha cama multifuncional con espazo de almacenaxe no centro, este cuarto xuvenil pode adoptar tres formas diferentes (cada unha coa súa propia iluminación): un recuncho acolledor para durmir, unha zona para estudar e conectar cos amigos en liña, e un espazo de desconexión. Así, non haberá hora do día que non queiran pasar no seu cuarto.

Dormitorio xuvenil con estrutura de cama PLATSA, estantes con obxectos e cestas no extremo, e unha alfombra amarela sobre o chan.
Dormitorio xuvenil con estrutura de cama PLATSA, estantes con obxectos e cestas no extremo, e unha alfombra amarela sobre o chan.

Unha cama cómoda con espazo de almacenaxe

Esta estrutura de cama con almacenaxe é perfecta para manteres o cuarto limpo e ordenado. No estate aberto podes gardar caixas e libros, e exhibir os teus obxectos favoritos. Tamén ten un armario moi espazoso onde gardar a túa roupa. O mellor? En conxunto, estes elementos crean un espazo acolledor ideal para descansar, noite tras noite.

Velaquí todas as camas con almacenaxe
Estrutura de cama PLATSA branca con almacenaxe e roupa de cama de cadros negros e brancos. Nos estantes hai varias cestas e obxectos.
Velaquí todas as camas con almacenaxe

Durme entre cortinas

As cortinas serven para máis que tapar as fiestras: son unha solución xenial para conciliar o sono. Deixa que as súas cores calmas e elegantes envolvan a túa cama para crear un recuncho relaxante, e completa o conxunto con roupa de cama cómoda que te aloumiñe mentres caes nos brazos de Morfeo.

Velaquí todas as cortinas e estores
Estrutura de cama PLATSA branca con almacenaxe, roupa de cama de cadros e coxíns de cores. Detrás, unha cortina rosa.
Velaquí todas as cortinas e estores

Espazo para todo

Con esta solución de almacenaxe pechada e aberta na parede, resultarache moi doado manter o escritorio limpo e ordenado. Os armarios e os caixóns permitiranche ter á man o teu equipo gaming e os apuntamentos da universidade. Ademais, o armario extra é perfecto para gardar os vestidos ou traxes de festa. E, coa iluminación, podes crear diferentes ambientes segundo o que vaias facer: xogar, estudar, falar cos amigos…

Velaquí o sistema PLATSA
Cadeira gaming gris diante dun escritorio gaming gris con pantallas e accesorios rodeados por un sistema de almacenaxe PLATSA.
Velaquí o sistema PLATSA

Comodidade con estilo

Con esta cadeira ergonómica podes facer de todo, desde falar cos teus amigos en liña e retomar os estudos ata pasar varias horas seguidas xogando. É cómoda e permite manter unha boa postura sen interpoñerse no teu camiño ou limitar o teu estilo.

Velaquí todos os mobles de gaming
Cadeira gaming UTESPELARE gris diante dun escritorio gaming gris claro con dúas pantallas, unha lámpada de escritorio e un teclado.
Velaquí todos os mobles de gaming

Un espazo para festas privadas

Utiliza a cama para tapar os estantes e a zona de traballo detrás dunha cortina e xa tes o fondo perfecto para desconectar. Tan só queda engadir un sofá pequeno, un par de cadeiras sinxelas e lixeiras, unha mesa de café e uns cantos amigos para gozar dunha noite de troula.

Velaquí todos os mobles
Dúas cadeiras sinxelas, unha cun coxín rosa, e un sofá KLIPPAN ao redor dunha mesa de almacenaxe KVISTBRO sobre unha alfombra LANGSTED amarela.
Velaquí todos os mobles

Todo o que precisas para crear o dormitorio xuvenil perfecto

Gústache o que ves? Velaquí todos os produtos cos que podes crear un dormitorio no que os teus fillos poidan pasar as 24 horas do día.

Velaquí todos os mobles
Velaquí todos os mobles

Expresa o teu estilo con téxtiles a xogo

Velaquí todos os téxtiles
Velaquí todos os téxtiles

Accesorios de oficina para pasalo ben en liña

Velaquí a serie LÅNESPELARE
Velaquí a serie LÅNESPELARE

Combina diferentes fontes de luz para crear un bo ambiente

Velaquí toda a iluminación
Velaquí toda a iluminación